Descarga (3)

A Alemaña nazi

  • Entrada de Hitler no DAP

    Entrada de Hitler no DAP
    O austríaco Adolf Hitler foi o creador da ideoloxía fascista; tras combater na I GM co exército alemán e sentir fortes resentimentos coa súa derrota, comezou a formar parte do Partido Obreiro Alemán, o cal tiña unha ideoloxía de ultra dereita.
  • Partido Obreiro Alemán Nacionalsocialista

    Partido Obreiro Alemán Nacionalsocialista
    O antigo partido cambiou a súa denominación e tamén o seu programa; este, redactado por Hitler estaba formado polos 25 puntos, nos que se anticipan obxectivos da súa política entre os cales destacan a derrogación do tratado de Versalles (considérao un diktat) e o antisemitismo (forma racista dirixida ós xudeus).
  • Creación das SA

    Creación das SA
    A estas alturas Hitler xa era o xefe indicutible do partido, exaltando a nación alemá coa cruz gammada e as súas Seccións de Asalto (SA) que perseguían de forma violenta os inimigos políticos e a oposición.
  • Putsch en Múnic

    Putsch en Múnic
    Hitler organizou un golpe de Estado apoiado polos demáis dirixentes nazis aproveitando a inestable situación alemá: debilidade dos gobernos da República, entrada das tropas franco-belgas, paro, hiperinflación... Todos eles foron encarceados.
    Durante a súa condena, Hitler escribiu o libro onde plasmou toda a súa ideoloxía e o seu proxecto político.
  • Eleccións de 1932

    Eleccións de 1932
    Ata este momento, os nazis contaban con malos resultados electorais e escaso apoio das masas. Pero a medida que aumentaba o paro e a situación de desesperación, os votos aos nazis foron crecendo xa que lles prometían aos cidadáns un traballo.
    Tras as eleccións do ano 1932 convertéronse na maior forza política do país co apoio da burguesía, dos obreiros, terratenentes e clases medias.
  • Hitler é nomeado chanceler

    Hitler é nomeado chanceler
    O presidente da república nomea ao líder nazi como chanceler de Alemaña e comeza a construír Estado totalitario alemán.
  • Inicio do Terceiro Reich

    Inicio do Terceiro Reich
    Tras a morte do presidente, Hitler faise co papel de xefe de goberno e de xefe de Estado: Führer. O Terceiro Reich Alemán caracterízase, entre outras, polo adoutrinamento, o racismo e antisemitismo, e a recuperación económica.
  • Leis de Nuremberg

    Leis de Nuremberg
    Unha das primeiras leis centradas en contra dos xudeus foron as Leis de Nuremberg, mediante as cales se establecía que os xudeus non poderían ser considerados cidadáns alemás e prohibían os matrimonios mixtos.
  • Noite dos cristais rotos

    Noite dos cristais rotos
    Dende 1938 as persecucións ós xudeus aumentaron; esta noite, os nazis destruíron negocios, casas, sinagogas...