Bandera nazi

Cronoloxía da Alemaña Nazi

  • Fundación do DAP (Partido Obreiro Alemán)

    Fundación do DAP (Partido Obreiro Alemán)
    Foi fundado o 5 de xaneiro de 1919 porAnton Drexler. O DAP identificábase coa corrente nacionalista popular e racista . Durante eses anos de posguerra apareceron moitos grupos deste tipo como resultado da impotencia xerada pola derrota na Primeira Guerra Mundial, sendo o DAP un máis deles. Hitler afíliasea este partido.
  • Aparición do NSDAP (Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán)

    Aparición do NSDAP (Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán)
    O DAP cambiou o seu nome a Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán (NSDAP) e proclamou o programa dos 25 puntos que rexería ao partido nazi ata a súa prohibición. Hitler introduciu en movemento un grupo paramilitar uniformado, o chamado máis tarde Sturmabteilung (SA), similar ao das Camisas negras de Mussolini, así como postulados altamente racistas e antisemitas.
  • Hitler líder do Partido Nazi e creación das SA

    Hitler líder do Partido Nazi e creación das SA
    En 1921, Hitler convértese no xefe indiscutible do NSDAP, crea a guz gammada e forma as Seccións de Asalto (SA), funcionaron como unha organización voluntaria tipo milicia vinculada ao NSDAP, o Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán. Aos membros das SA coñecíaselles como «camisas pardas», pola cor da súa camisa e uniforme, para distinguilos das «SS», que levaban uniformes negros e camisa branca (ás veces tamén parda), a diferenza dos camisas negras italianos.
  • Putsch de Múnich

    Putsch de Múnich
    O 8 e 9 de novembro de 1923, Adolf Hitler e o Partido Nazi intentaron un golpe de estado que se coñece como o Putsch da Cervexaría. Co fin de tomar o control do goberno estatal, marchar sobre Berlín e derrocar ao goberno federal alemán. No seu lugar, tentaron establecer un novo goberno para supervisar a creación dun Gran Reich Alemán unificado onde a cidadanía basearíase na raza. O putsch fallou.
  • Publicación do Mein Kampf

    Publicación do Mein Kampf
    Hitler foi detido debido ao putsch de Múnich de 1923 e durante a súa estancia no cárcere redactou o seu libro-programa Mein Kampf (A miña loita). Nel fixo unha exposición do seu pensamento baseado na exaltación de Alemaña, o desprezo á democracia, a subordinación do individuo fronte ao Estado e a superioridade alemá.
  • Triunfo do partido nazi nas eleccións

    Triunfo do partido nazi nas eleccións
    Nas eleccións de 1932, os nazis convertéronse na principal forza política, conseguindo o apoio de varios de amplos sectores da poboación, desde obreiros ata a gran burguesía, e sacaron partido do descontento xeral existente no pobo alemán.
  • Hitler convértese no chanceler de Alemaña

    Hitler convértese no chanceler de Alemaña
    En 1933 Hitler foi nomeado chanceler por Hindenburg, presidente da República de Weimar.
  • Incendio do Reichstag

    Incendio do Reichstag
    A campaña electoral dos nazis estivo chea de violencia e os nazis aproveitaron o incendio do Reichstag (provocado por eles mesmos) para acusar os comunistas e conseguir a aprobación dun Decreto para a Protección do Pobo e do Estado polo que podían suspender as liberdades individuais e deter os opositores
  • Lei Habilitante

    Lei Habilitante
    Mediante a Lei Habilitante, Hitler conseguía o poder de aprobar as leis sen participación do Parlamento, transformándose así en ditador. Era a fin da República de Weimar
  • Noite dos Coitelos Longos

    Noite dos Coitelos Longos
    Para afianzar o seu poder e conseguir o apoio do exército, descontento co superior tamaño das SA (tres millóns de camisas pardas), Hitler ordenou a execución e asasinato dos xefes das SA e de todos aqueles que criticaban a súa política. Naide podía opoñerse a Hitler.
  • Hitler é nomeado Fuhrer de Alemaña

    Hitler é nomeado Fuhrer de Alemaña
    Tras a morte de Hindenburg en 1934, Hitler acumulou as funcións de xefe de Estado e xefe de Goberno, e días máis tarde, foi confirmado como Fuhrer de Alemaña. Todo o poder concentrábase nas súas mans e a súa palabra estaba por riba das leis.
  • Leis de Núremberg

    Leis de Núremberg
    As leis de Núremberg foron unha serie de leis de carácter racista e antisemita na Alemaña nazi adoptadas por unanimidade o 15 de setembro de 1935, celebrado na cidade de Núremberg (Alemaña)
    estas leis impedían que o colectivo xudeu se relacionara racialmente co pobo alemán, restrinxindo así os seus dereitos, dando comezo á discriminación e persecución do colectivo xudeu en Alemaña.
  • Noite dos cristais rotos

    Noite dos cristais rotos
    A noite dos cristais rotos foron unha serie de ataques ocurridos na Alemaña Nazi durante o 9 e o 10 de Novembro de 1938, levados a cabo contra cidadáns xudeus polas tropas de asalto das SA. Destruíronse e saqueáronse sinagogas, casas, negocios e escolas xudeas. Polo menos 91 cidadáns xudeus foron asasinados durante os ataques e outros 30 000 foron detidos