Flag of germany (1935–1945).svg

A Alemaña nazi

  • Fundación do DAP ( Partido Obreiro Alemán )

    Fundación do DAP ( Partido Obreiro Alemán )
    Foi fundado en Múnic por Anton Drexler. O DAP identificábase coa corrente nacionalista popular e racista. Durante eses anos de posguerra apareceron moitos grupos deste tipo como resultado da impotencia xerada pola derrota na Primeira Guerra Mundial, sendo o DAP un máis deles, un grupo político pequeno e descoñecido que se reunía en cervexarías da cidade de Múnic.
  • Fundación do Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán

    Fundación do Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán
    Hitler leu os 25 puntos do Programa Nacionalsocialista, escritos por el e Anton Drexler e que pretendían, mesturando anticomunismo, pangermanismo e antisemitismo, gañarse ao proletariado para a causa nacionalista. Nesta mesma asemblea decidiuse o cambio de nome do movemento, pasando a denominarse «Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán», cuxas siglas en alemán son NSDAP.
  • Hitler líder do Partido Nazi e creación das SA

    Hitler líder do Partido Nazi e creación das SA
    Hitler convértese no lider indiscutible das NSDAP, Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán​, coñecido como Partido Nazi, foi un partido político de extrema dereita​ activo en Alemaña entre 1920 e 1945 cuxa ideoloxía foi o nazismo. Hitler creou as SA, que foron unha organización voluntaria tipo milicia vinculada ao NSDAP. Aos membros das SA coñecíaselles como «camisas pardas».
  • Putsch de Múnich

    Putsch de Múnich
    Coñécese como Putsch de Múnic ou Putsch da Cervexaría ao errado intento de golpe de estado do 8 e 9 de novembro de 1923 en Múnic, levado a cabo por membros do Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán (NSDAP) e polo que foron procesados e condenados a prisión Adolf Hitler e Rudolf Hess, entre outros dirixentes nazis.
  • Mein Kampf

    Mein Kampf
    Escrito por Adolf Hitler,combinando elementos autobiográficos cunha exposición das súas ideas propias e un manifesto da ideoloxía política do nacionalsocialismo.O traballo describe o proceso polo cal Hitler volveuse antisemita e describe os seus plans futuros para Alemaña.​Hitler desenvolveu a tese principal do «perigo xudeu»,que falaba dunha conspiración xudía para gañar o liderado mundial,e anuncia o seu odio ao que el cría que eran os dous males do mundo:o comunismo e o xudaísmo.
  • O partido nazi gaña as eleccións de 1932

    O partido nazi gaña as eleccións de 1932
    O Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán (NSDAP ou Partido Nazi) liderado por Adolf Hitler, logrou posicionarse por primeira vez como a primeira forza política de Alemaña, conseguindo o apoio de amplos sectores da poboación, desde os obreiros ara a gran burguesía, ao obter o 37.27% dos votos e unha primeira minoría de 230 escanos. Con todo, achouse lonxe de obter maioría absoluta.
  • Incendio do Reichtag

    Incendio do Reichtag
    Foi un incendio perpetrado contra o edificio do Reichstag en Berlín. Marinus van der Lubbe, un mozo comunista neerlandés,foi culpado do suceso polo Goberno alemán do chanceler Adolf Hitler. Despois de ser torturado admitiu prender lume ao edificio, polo que foi sentenciado a morte e executado. O incendio foi utilizado como «proba» polos nazis para acusar os comunistas de conspirar contra o Goberno e está considerado un feito fundamental no establecemento da Alemaña nazi (ou Terceiro Reich).
  • Lei de habilitante

    Lei habilitante aprobada polo Reichstag, que cedeu de facto todo o poder lexislativo a Adolf Hitler crebando a separación de poderes da República de Weimar. Foi o principal soporte xurídico sobre o que se construíu a transición dunha república parlamentaria á Alemaña nazi. Foi aprobada o 23 de marzo polo Reichstag, por 444 votos a favor e 94 en contra. A lei foi impulsada pola NSDAP pero os votos do Partido de Centro foron claves na aprobación da lei.