10643.600x450

A Alemaña nazi

  • Fundación do DAP (Partido Obreiro Alemán)

    Fundación do DAP (Partido Obreiro Alemán)
    Foi fundado en Múnic por Anton Drexler.O DAP identificábase coa corrente nacionalista popular. Durante eses anos de posguerra apareceron moitos grupos deste tipo como resultado da impotencia xerada pola derrota na Primeira Guerra Mundial, sendo o DAP un máis deles, un grupo político pequeno e descoñecido que se reunía en cervexarías da cidade de Múnic.
  • Fundación do Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán

    Fundación do Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán
    Hitler leu os 25 puntos do Programa Nacionalsocialista, escritos por el e Anton Drexler e que pretendían, mesturando anticomunismo, pangermanismo e antisemitismo, gañarse ao proletariado para a causa nacionalista. Nesta mesma asemblea decidiuse o cambio de nome do movemento, pasando a denominarse «Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán», cuxas siglas en alemán son NSDAP.
  • Formación das Seccións de Asalto (SA)

    Formación das Seccións de Asalto (SA)
    HItler era o seu xefe indiscutible. Creou a bandeira da cruz gammada e formou as Seccións de Asalto uniformadas con camisas pardas e especializadas na loita nas rúas e na violencia sistemática contra os seus inimigos políticos e as forzas da esquerda. A crise económica e social pola que atravesaba Alemaña neses anos contribuíron a aumentar o número dos afiados nazis.
  • Putsch de Múnich

    Putsch de Múnich
    Adolf Hitler e o Partido Nazi lideraron a un grupo da coalición nun intento de golpe de estado que se coñece como o Putsch da Cervexaría. Empezaron na cervexaría Bürgerbräu Keller co fin de tomar o control do goberno estatal, marchar sobre Berlín e derrocar ao goberno federal alemán.Tentaron establecer un novo goberno para supervisar a creación dun Gran Reich Alemán. Aínda que o putsch fallou.
  • Mein Kampf (A miña loita)

    Mein Kampf (A miña loita)
    Hitler foi detido e durante a súa estancia no cárcere redactou o Mein Kampf. Fixo unha exposición baseado na exaltación de Alemaña, o desprezo á democracia, a subordinación do individuo fronte ao Estado e a superioridade alemá. Para Hitler a nova Alemaña tiña que basearse na pureza e na supremacía da raza aria (racismo) e na extirpación das razas inferiores, sobre todo os xudeus (antisemitismo), aos que lles acusa de ser os causantes de todos os males dos alemáns.
  • Eleccións de 1932 en Alemaña

    Eleccións de 1932 en Alemaña
    O Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán (NSDAP ou Partido Nazi) liderado por Adolf Hitler, logrou posicionarse por primeira vez como a primeira forza política de Alemaña ao obter o 37.27% dos votos e unha primeira minoría de 230 escanos.
  • Hitler, chanceler de Alemaña

    Hitler, chanceler de Alemaña
    O 30 de xaneiro de 1933, o presidente de Alemaña, o xeneral Paul von Hindenburg, nomeou chanceler a Adolf Hitler. Convocou novas eleccións coas que pensaba obter a maioría absoluta.
  • Incendio do Reichstag

    Incendio do Reichstag
    A campaña electoral estivo chea de violencia e os nazis aproveitaron o incendio do Reichstag (provocado polos mesmos) para acusar aos comunistas e conseguir a aprobación dun Decreto para a protección do pobo e do Estado polo que podían suspender as liberdades individuais e deter os opositores.
  • A Lei Habilante

    A Lei Habilante
    O novo Parlamento , tras as detencións dos deputados comunistas, aprobou a concesión a Hitler da Lei Habilitante pola que se conseguía o poder de aprobar as leis sen participación do Parlamento, transformándose así en ditador baixo unha aparencia de legalidade. Era a fin da república de Weimar.
  • Hitler, Führer de Alemaña

    Hitler, Führer de Alemaña
    Tras a morte do presidente Hindenburg, Hitler acumulou as funcións de xefe de Estado e de Goberno, e días máis tarde, mediante referendo, foi confirmado como Führer de Alemaña, o guía a quen todo alemán debía obediencia absoluta.
  • A noite dos coitelos longos

    A noite dos coitelos longos
    Durante a noite do 30 de xuño de 1934, sucedéronse as execucións en cidades como Berlín e Múnic. Membros das SS detiveron e posteriormente asasinaron a non menos de oitenta e cinco persoas entre as que se atopaba Ernst Röhm, o xefe das Tropas de Asalto (SA), vinculadas ao NSDAP, o partido nacionalsocialista obreiro alemán, acusados de tramar un complot contra o líder, Adolf Hitler.
  • As Leis de Nuremberg

    As Leis de Nuremberg
    Aprobadas por unanimidade o 15 de setembro de 1935, as Leis de Núremberg foron unha serie de leis de carácter racista e antisemita nas que se afirmaba que ninguén que fose xudeu podía ter os mesmos dereitos que un ario e moito menos ser considerado alemán.
  • A noite dos cristais rotos.

    A noite dos cristais rotos.
    A noite do 9 ao 10 de novembro de 1938, o réxime nazi coordinou unha onda de violencia antisemita na Alemaña nazi, a cal se coñece como Kristallnacht ou "a noite dos cristais rotos". O ataque recibiu este nome debido aos vidros dos aparadores feitas cachizas que cubriron as rúas despois da violencia.