-
Alfonso XIII intenta volver ao réxime monárquico lexitimándoo popoularmente, polo que Juan Bautista Aznar convoca unha rolda de eleccións comezando polas municipais que acaban cobrando caracter de pleibiscito (prol/contra da monarquía).
As segundas votacións cuantitativamente saldáronse coa vitoria monárquica nas urnas mais cualitativamente o impulso republicano quedou de manifesto ó trunfar nas grandes cidades (41 das 50 capitais de provincia). -
Noticia do ABC da proclama en Coruña
Nas primeiras horas da tarde comezou a circular a noticia de que se proclamou a República en varias cidades de España, acudindo un gran xentío á praza do Concello (...) Entre tanto o público penetrou no salón de sesións esnaquizando o retrato do Rei, colocando no seu lugar unha artística alegoría da República. Seguidamente izouse a bandeira republicana no balcón central, no medio dunha grande ovación. -
Tamén chamado Bienio republicano-socialista. Tiña grandes retos como a aprobación da Constitución republicana e dos estatutos de autonomía. Desenvolveu unha política de secularización, reforma militar, ensino obrigatorio, laico e gratuíto foi a nova filosofía para tentar formar a cidadáns a maiores dunha reforma agraria entre outras.
-
Un quinquenio que trouxo enormes cambios consigo pero sen mudar certas cousas coma os modelos de participación política, continuándose así ca manipulación do sufraxio que impedía a libre confrontación política.
Existe unha desigual distribución dos apoios electorais das diferentes formacións (predomino da esquerda nas provincias litorais, conservador en Lugo e Ourense), así como a presenza da ORGA e do PG. -
Aprobada o 9/12/1931 [Link text] (http:http://www.congreso.es/docu/constituciones/1931/1931_cd.pdf) Ante a visión de dous bloques antagonicamente enfrontados, en Galicia obsérvase unha competencia triangular, en grande parte polo manexo das respectivas redes clientelares, onde a esquerda republicana, obreira e galeguista obtén 26 actas, fronte ás 14 da Fronte Antirrevolucionaria e as nove dos centristas, de incluírmos nela aos agrarios e ao único deputado radical
-
Tamén chamado Bienio radical-cedista.
Alejandro Lerroux levou a cabo reformas que afectaron a sectores revalorados previamente coma o acgrario (reduciron o seu salario á metade). Nesta política contrarreformista, houbo rectificación das reformas do anterior bienio, e paralización dos estatutos vascos e galegos, das reformas educativas, conciliación ca Igrexa... Trouxo consigo folgas e conflictos. "Rematou" ca Revolución de Outubro. -
A orixe deste acrónimo está nun escándalo político ocorrido durante a Segunda República Española, producido como consecuencia da introdución dun xogo de ruleta eléctrica de marca " Straperlo", nome derivado de Strauss, Perel e Lowann, apelidos xudeus holandeses de quen promoveu o negocio, e que achegarían ao acrónimo letras en cantidade proporcional á participación na empresa (outras versións afirman que o termo procede soamente dos dous primeiros nomes).
-
Co triunfo da sublevación militar e a conseguinte represión, Galicia entrará dentro do bando franquista, sendo unha fonte de materiais e homes para o bando nacional, así como o escenario dunha salvaxe represión.