-
Os visigodos eran unha das tribos xermánicas que se asentaran no Imperio Romano como aliadas. No ano 507 foron expulsados da Galia polos francos, establecéronse definitivamente na Península Ibérica e fundaron un reino con capital en Toledo. A organización política do reino baseábase na monarquía electiva. Entre os séculos VI e VII o reino visigodo alcanzou o seu esplendor. Paulatinamente fóronse romanizando e adoptaron a cultura hispanorromana e a
relixión católica. -
Cando os musulmáns invadiron a Península no 711, algúns hispanovisigodos fuxiron e refuxiáronse nos vales do norte peninsular, onde constituíron pequenos reinos e condados.
-
O fin do Reino Visigodo viu dado xa que a finais do século VII, as constantes loitas para ocupar o trono debilitaron o reino e favoreceron a entrada das tropas musulmás. No ano 711, un pequeno continxente de tropas árabes e bérberes, cruzou o estreito de Xibraltar e desembarcou na costa andaluza. Estas tropas derrotaron o rei visigodo Rodrigo na batalla de Guadalete (711).
-
Chámase Al-Ándalus ao territorio peninsular que estivo baixo dominio musulmán entre os anos 711 e 1492. Ao longo de case oito séculos, Al-Ándalus variou na súa extensión e na súa organización política.
-
Desde o momento da súa conquista, Al-Ándalus converteuse nun emirato dependente do califa de Damasco, con capital en Córdoba. Os emires ou gobernadores eran nomeados polos califas de Damasco, da familia Omeia, aínda que a distancia dificultou que impuxesen a súa autoridade.
-
No ano 722 produciuse a batalla de Covadonga (Asturias), entre musulmáns e cristiáns. Os nobres cristiáns liderados por Pelaxio ou Paio obtiveron unha importante vitoria que contribuíu á formación do reino de Asturias e á consolidación dos seus primeiros monarcas.
-
A batalla de Poitiers tivo lugar no ano 732 entre o
exército franco de Carlos Martel e un exército
musulmán que atravesara o porto de Roncesvalles e
se dirixía cara ao reino franco. Finalmente venceron os francos. Este feito representou a fin da expansión islámica desde a Península Ibérica cara ao norte de Europa. -
Naceu en Damasco no ano 734. Tras pasar uns anos fuxindo dos Abasíes, conseguiu pasar á Península no 755. No 756 tomou Córdoba, onde se autoproclamou primeiro emir independente de Al- Ándalus. Pasou á historia por ser o impulsor da construción da mesquita de Córdoba. Morreu en Córdoba no ano 788.
-
No século VIII, o califa de Damasco e a súa familia, pertencentes á dinastía dos Omeias, foron asasinados pola dinastía dos Abasíes (756), que ocuparon o trono e instalaron a súa capital en Bagdad. • Un membro da dinastía, Abd al-Rahman I, conseguiu escapar da matanza e chegar a Al-Ándalus. Proclamouse emir independente (756). • A pesar das dificultades, Al-Ándalus consolidouse nos séculos VIII e IX. Islamizáronse os costumes e impúxose a lingua árabe en todos os territorios
conquistados. -
Os musulmáns ocuparon o reino visigodo, excepto algúns puntos da franxa cantábrica, e chegaron ata Narbona, xa en territorio do reino franco. A finais do século VIII, os carolinxios fixeron retroceder os musulmáns do nordeste peninsular e estableceron a Marca Hispánica. Os territorios que eran abarcados pola Marca Hispánica pasaron a formar parte do Imperio Carolinxio e dividiuse en condados. Os primeiros condados que o conseguiron foron Pamplona e Aragón, a principios do século IX.
-
No século IX, o conde Aznar Galíndez conseguiu que o condado de Aragón se independizase do Imperio Carolinxio. No século X o condado uniuse ao reino de Pamplona, ao que pertenceu ata que, no ano 1035, Ramiro I obtivo a súa independencia e converteuse en rei de Aragón. Ramiro I incorporou os territorios de Sobrarbe e
Ribagorza ao seu reino.
a finais do século XI, Aragón dominou o territorio de Pamplona. Durante o século XII, produciuse a máxima expansión territorial do reino de Aragón. -
Desde finais do século IX, os condados cataláns fóronse desligando do poder franco. Wifredo o Cabeludo, que recibira os condados de Barcelona, Xirona, Urgell e Cerdanya. Nese momento, creouse así a dinastía da Casa de Barcelona. No ano 985, o caudillo musulmán Almanzor asaltou a cidade de Barcelona. Ao serlle denegada o apoio do rei, Borrell II decidiu non renovar o xuramento de fidelidade ao rei e proclamou a independencia dos condados vinculados á Casa de Barcelona no ano 988.
-
No ano 824 a familia dos Arista expulsou de Pamplona os francos e constituíu o reino de Pamplona. Durante o século X, o reino ampliouse cos condados de Sobrarbe e de Aragón e con territorios da Rioxa. Sancho III o Maior (1004-1035) conseguiu a máxima
expansión territorial ao unir Castela a estes territorios. -
A principios do século IX, o reis Asturleones deciden protexer a súa fronteira dos ataques musulmáns construíndo un cuantioso número de Castelos. Cando acábanse de edificar e construir todos os Castelos nace así o Condado de Castela. O primero gobernador ou conde que estivo ao seu cargo foi Rodrigo dende o ano 850 ata o ano 873. En 1029, debido á morte do último conde sen descendencia, o condado de Castela uniuse ao reino de Pamplona.
-
Á morte de Afonso III no ano 910 provocou que o seu fillo García I trasladou a capital do reino de Oviedo a León. Constituíuse así o reino de León.
-
A principios do século X, Afonso III (866-910) optou por dividir o reino entre os seus fillos, aos cales lles corresponderían os territorios de Galicia, Asturias e León. O reino de Galicia correspondeulle a Ordoño II (914-924). Entre os séculos X e XII, Galicia pertenceu ao reino de León e ao de Castela, e tamén pasou períodos como reino independente. A comezos do século XII, a extensión territorial de Galicia era similar á actual, coa fronteira no río Miño.
-
Durante o emirato, Al-Ándalus sufriu un período de inestabilidade polas continuas revoltas e o avance dos reinos cristiáns. Este período terminaría coa proclamación de Abd al-Rahman III no ano 929 como califa. O período de máximo esplendor cultural e económico de Al-Ándalus foi o do califato de Córdoba, iniciado coa proclamación de Abd al-Rahman III.
-
A partir do ano 1000, o Califato de Córdoba a entrar en crise. Ao elevado custo de manutención do exército e do funcionariado sumáronse as ansias de poder dos xefes militares, como Almanzor, que dirixira diversas expedicións contra os núcleos cristiáns. Finalmente, o Califato de Córdoba acabou por disolverse no ano 1031.
-
En 1031, a aristocracia musulmá de Córdoba optou por suprimir de forma definitiva o califato omeia. As principais cidades fortificadas pasaron a ser as
capitais de pequenos reinos ou taifas. A inestabilidade das taifas, ocasionada polas guerras constantes entre elas, propiciou que os reinos cristiáns atacasen para controlar cada vez máis territorio ou obrigalos a pagar fortes tributos. -
No seu testamento, Sancho III ordenou dividir os
seus dominios que comprendían o Reino de Pamplona entre os seus fillos García Sánchez III (Pamplona), Fernando I (Castela), Ramiro I (Aragón) e Gonzalo (Sobrarbe e Ribagorza). A finais do século XI o territorio de Pamplona pasou ao reino de Aragón. Pero un século máis tarde García Ramírez I o Restaurador conseguiu a súa independencia
definitiva. -
Despois da morte do rei de Pamplona no ano 1035, chamado Sancho III, o seu fillo Fernando I herdaría o Condado de Castela. Nese momento, Castela converteríase nun Reino independente.
-
En 1085 Afonso VI, rei de Castela e León, conquistou Toledo. Os musulmáns pediron axuda aos almorábides, unha tribo bérber procedente do norte de África que reunificou Al-Ándalus ata 1146. A dinastía almorábide exerceu o control dos fragmentados reinos musulmáns da Península entre 1090 e 1146. A progresiva relaxación dos seus costumes relixiosos obrigou aos gobernadores taifas a solicitar unha vez máis axuda estranxeira doutro grupo relixioso-militar, os almohades.
-
O 21 de agosto de 1157 morre o monarca castelán Afonso VII, dividíndose o seu reino entre os seus dous fillos. A Sancho III, o seu fillo primoxénito, daríalle Castela e Toledo, a Fernando, León e Galicia. A distribución dividirá a España cristiá en cinco reinos, Castela, León, Navarra, Aragón e Portugal. Co paso dos anos volverían as xuntanzas de diferentes reinos por mor dos casamentos e de herencias.
-
Tras un período de disgregación, marcado pola reunificación de Al-Ándalus por parte dos almorábides ata 1146; unha tribo procedente do norte de África, os almohades, invadiron Al-Ándalus e instaurou un imperio entre 1170 e 1231.
-
O Imperio Almohade chegou ao punto de máximo apoxeo cara o ano 1200 chegando a abarcar todo o sur da Península Ibérica, Marrocos, o norte de Libia, o norte de Argelia, Túnez e o norte de Libia.
-
a batalla das Navas de Tolosa(1212), marcou o inicio da crise do Imperio Almohade. Foi derrotado ante unha alianza de reinos cristiáns, que conseguiron avanzar polo val do Guadalquivir e dominar Córdoba e Sevilla.
-
O Tratado de Corbeil foi un acordo firmado o 11 de Maio de 1258 para rubricar oficialmente despois de 270 anos de espera a independencia formal dos condados vinculados á Casa de Barcelona. Tras a independencia, os condados cataláns controlaron algúns condados do sur do reino franco.
-
Chámase Al-Ándalus ao territorio peninsular que estivo baixo dominio musulmán entre os anos 711 e 1492. Comezou no ano 711 na Batalla de Guadalete cando unha serie de tropas árabes e bérberes derrotaron o rei visigodo Rodrigo e disolveuse o 2 de Xaneiro de 1492 coa toma ou conquista de Granada por parte dos reis Católicos.