A Muller na Historia de Galicia

By xeogal
  • 7000 BCE

    Elba, a pastora galega do Mesolítico

    Elba, a pastora galega do Mesolítico
    Ata a data, trátase do único individuo feminino desa etapa da Prehistoria descuberto na Península Ibérica. O seu nome procede de ‘a que vén das montañas’, xa que mentres paseaba o seu rabaño de uros, caeu por un burato que resultou ser unha trampa para animais que quedou cuberta pola neve. Os datos que temos a partir da análise dos restos desta muller, dinnos que tiña sobre uns 30 anos e medía entre 150 cm e 152 cm.
  • 4000 BCE

    A muller no Neolítico

    A muller no Neolítico
    O papel das mulleres neste período é moi variado, encargábanse da recolección, preparación e conservación dos alimentos, elaboración da indumentaria, mantemento do lume, coidado do grupo ante algunha enfermidade, así coma do coidado dos rapaces e a elaboración de tecidos. Segundo se puido demostrar mediante a etnoarqueoloxía, tamén había grupos de mulleres que se dedicaban á caza, á pesca e á elaboración de ferramentas.
  • 4000 BCE

    Enterro neolítico

    Enterro neolítico
    O Neolítico supuxo actividades imprescindibles para a continuidade da vida: os traballos de coidado e atención e a socialización de nenos e nenas. Rendíase culto á Deusa nai que protexía colleitas e gando e garantía a fertilidade. Representábase en figuriñas femininas de arxila que eran obxecto de culto. As mulleres desta época dedicábanse a coidar os nenos mentres os homes dedicábanse a traballos que non fosen domésticos.
  • 1000 BCE

    A muller castrexa

    A muller castrexa
    Desenvolveuse a finais da Idade do Bronce, tiñan unha economía cunha base agrícola, gandeira e pastoril, aínda que tamén practicaban a caza, a pesca e o marisqueo.
    A muller no marco da sociedade castrexa levaría a cabo un tipo de vida moi sinxelo, centrada no coidado da familia e as tarefas do fogar, así como traballar os produtos elaborados co tecido, o fiado, e a recolección de froitos.
  • 137 BCE

    Navia, a Deusa preromana de Gallaecia

    Navia, a Deusa preromana de Gallaecia
    Foi unha divindade prerromana, pertencente á mitoloxía galaica e lusitana, é unha das principais deusas indíxenas de Gallaecia. Era unha deusa que estaba relacionada coa auga e os ríos. En honra a esta deusa céltica, podemos atopar o río Navia en Galicia, que recibiu por ela ese nome, tamén se coñecen unha vintena de inscricións que se concentran no Conventus Bracarensis, ademais de varias ofrendas de espadas en numerosos ríos europeos.
  • 19 BCE

    A muller romana de Gallaecia

    A muller romana de Gallaecia
    Roma foi unha civilización baseada en firmes estruturas patriarcais, con homes en todas as posicións de poder. A situación da muller non era fácil xa dende o inicio das súas vidas, eran relegadas a un papel secundario, onde estaban encargadas do coidado dos nenos e da casa. No mundo rural a igualdade era máis presente xa que traballaban igual ca os homes nas labores agrícolas. Podían chegar a ser comerciantes baixo a tutela do home. Ademais acudían a banquetes, ían ao mercado, etc.
  • 19 BCE

    A muller patricia en Gallaecia

    A muller patricia en Gallaecia
    A sociedade romana estaba dividida en distintos grupos sociais, con diferentes dereitos civís e políticos e tamén diferencias económicas.
    Denominábanse Patricios ás familias máis antigas de Roma, quen formaban unha aristocracia de propietarios de terras. Posuían todos os privilexios tanto fiscais como xudiciais, políticos e tamén culturais. As mulleres patricias coidaban da casa e dos fillos.
  • 300

    Exeria, a primeira peregrina galega

    Exeria, a primeira peregrina galega
    Nesta fotografía, queremos representar a Exeria, a primeira peregrina galega, chegando a un mosteiro onde un monxe e unha monxa a reciben, xa que nas súas viaxes dedicaba descansar nos mosteiros.
  • 886

    Ilduara, a condesa beata

    Ilduara, a condesa beata
    Na idade Media o papel principal que exercía a muller era o coidado da casa e dos fillos. Ilduara era unha condesa que naceu no 886 e morreu no 958. Casou co conde Gutier e tivo un fillo, o bispo de Dumio, Rosendo. Ilduara contribuíu cos distintos mosteiros en Galicia, entre eles, atópase o Mosteiro de Celanova, onde está enterrada.
  • 1001

    A muller na Idade Media

    A muller na Idade Media
    A Idade Media pode divirse en dúas etapas, Alta Idade Media e Baixa Idade Media. En xeral, abarca dende o s.V ao s.XV. O sistema feudal foi o modelo de organización político-territorial durante toda esta época. As mulleres podían traballar en talleres e nas terras pero continuaban sendo infravaloradas e subordinadas, ademais participaban na xestión do patrimonio rural, comercializaban todo tipo de produtos e rexentaban tabernas. Tiveron grandes dificultades para acceder ao coñecemento.
  • 1429

    Beatriz de Castro, Condesa de Lemos

    Beatriz de Castro, Condesa de Lemos
    Esta muller foi a Condesa de Monforte de Lemos, situado na provincia de Lugo. Pasou a infancia nun convento e no 1429, foi declarada Condesa polo seu irmán. Expandiu os seus dominios polo Bierzo tras casar con Pedro Álvarez de Osorio no 1433 e morrerá no 1455.
  • 1454

    Constanza de Castro

    Constanza de Castro
    Filla de Pedro Pardo de Cela, o Mariscal, e de Isabel de Castro, pertencente a unha das liñaxes máis importantes do reino de Galiza.Pardo de Cela, a súa filla Constanza e o seu marido apoiaban o bando de Xoana a Beltranexa contra os partidarios de Isabel de Castela. Pardo de Cela foi feito prisioneiro no seu propio castelo da Frouxeira, por traizón dalgúns dos seus vasalos. A súa filla continuou a loita xunto co seu marido desde o castelo de Caldaloba.
  • 1492

    A muller na Idade Moderna

    A muller na Idade Moderna
    A condición da muller na Idade Moderna non foi moi distinta da medieval. As pertencentes á nobreza dedicábanse a educar os seus fillos e dirixir a casa. As campesiñas compaxinaban as tarefas agrícolas coas domésticas e ao traballo a domicilio. Nas cidades traballaban no servizo doméstico como serventas, criadas ou no comercio. Os pais eran os que decidían o casamento das súas fillas, condición da que non se salvaban nin as pertencentes á alta nobreza. A súa postura era de total sometemento.
  • 1564

    María Pita

    María Pita
    Mayor Fernández da Cámara Pita, máis coñecida como María Pita, foi unha muller coruñesa nacida no 1564 que destacou pola súa valía tras enfrontarse o 3 de maio 1589 á Invencible Inglesa, que invadiu a Cidade de A Coruña. Nesa guerra, asasinan ao home de María, en consecuencia diso, María remata coa vida do irmán do almirante da tropa inglesa, dirixíndose ao pobo coa seguinte frase: Quen teña honra, que me siga!
  • Isabel Barreto

    Isabel Barreto
    Isabel Barreto nace en Galicia arredor de 1597, dende onde se traslada coa súa familia ao Virreinato de Perú, onde pasaron a formar parte da alta sociedade de Lima.Isabel Barreto, navegante galega, é considerada a primeira muller co cargo de Almirante da mariña española.
  • María Antonia Pereira, Monxiña do Penedo

    María Antonia Pereira, Monxiña do Penedo
    Coñecida como a Monxiña do Penedo polo seu lugar de nacemento, foi a fundadora do convento de Carmelitas Descalzas de Compostela en 1748, e a Igrexa considerouna venerable polas súas virtudes.
  • Isabel Zendal Gomez

    Isabel Zendal Gomez
    Isabel Zendal foi unha enfermeira e reitora do orfanato da Coruña. Participou na real expedición filantrópica da vacina de Francisco Balmis, que tratou de erradicar a varíola, coidando dos 22 nenos da casa de expósitos que viaxaron a América. Foi considerada como a primeira enfermeira da historia en misión internacional.
  • A muller na Idade Contemporánea

    A muller na Idade Contemporánea
    Idade Contemporánea é o nome co que se designa o período histórico que comeza no final da Revolución Francesa e dura ata hoxe en día. Os dereitos políticos das mulleres eran inexistentes, incluso nas democracias máis avanzadas, que estipulaban o sufraxio universal sen incluílas. A mediados do século XIX iniciouse un movemento feminista protagonizado por personalidades artísticas, científicas e políticas, que loitaban pola igualdade e pola obtención do voto feminino.
  • Concepción Arenal Ponte

    Concepción Arenal Ponte
    Concepción Arenal naceu no 1820, foi unha muller moi importante diplomada en dereito, pensadora, poeta e autora dramática, que comezou a asistir á Universidade de Madrid vestida de home polo veto de estudo ás mulleres no momento. Pero finalmente puido estudar como muller tras facer un exame satisfactorio para a Universidade. Ademais de destacar pola súa gran defensa e aportacóns ao feminismo e denunciar inxustizas como a miseria, a mendicidade ou a situación das cárceres.
  • Rosalía de Castro

    Rosalía de Castro
    Foi unha novelista española que escribiu tanto en galego coma en castelán. Considerada como a peza fundamental do Rexurdimento galego do século XIX. A obra de Rosalía de Castro conseguiu unha recuperación do idioma galego e senta as bases para o posterior xurdimento dun nacionalismo romántico.
  • Emilia Pardo Bazán

    Emilia Pardo Bazán
    Emilia Pardo-Bazán e da Rúa-Figueroa, ou simplemente Emilia Pardo Bazán, condesa de Pardo Bazán, foi unha nobre e novelista, periodista, feminista, ensaista, crítica literaria, poetisa, dramaturga, traductora, editora, catedrática e conferenciante española introductora do naturalismo en España.
  • Maruja Mallo

    Maruja Mallo
    Foi unha pintora surrealista e considérase unha artista pertencente á Xeración do 27. A esta artista tamén se lle recoñece por ser unha activista pertencente ao grupo coñecido como “Las Sinsombrero”, o nome do grupo débese ao acto de quitarse o sombreiro en metade dunha das zonas máis concorridas de Madrid, a Gran Vía.