-
1075
A construción da Catedral de Santiago de Compostela
A construción da actual catedral iniciouse en 1075 baixo o reinado de Afonso VI e o patrocinio do bispo Diego Páez.[8] Unha inscrición na capela do Salvador conmemora o momento: "A los treinta años del milésimo septuagésimo quinto despues de la Encarnación del Señor, en cuyo tiempo se fundó esta iglesia de Santiago". Foi construída segundo o mesmo plano que a igrexa de ladrillo monástica de san Sernín de Tolosa, probabelmente o maior edificio románico de Francia. -
1168
Construción do Pórtico da Gloria
O Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela é un pórtico, de transición entre o románico e o gótico,realizado polo Mestre Mateo e o seu obradoiro por encargo do rei de Galiza e León Fernando II, entre 1168 e 1188.
A data consta no documento asinado por Fernando II o 23 de febreiro de 1168, no que se lle concede a Mateo un soldo vitalicio de dous marcos de prata anuais polo seu traballo nas obras da basílica de Santiago (documento que se conserva no Museo Catedralicio). -
1211
Última etapa da construción da Catedral
A última etapa de construción comeza en 1168 cando o capítulo encarga as obras ao Mestre Mateo. Mateo respecta o proxecto inicial e remata a construción dos últimos catro tramos da nave maior, mais a cripta e o Pórtico da Gloria, e a catedral é definitivamente consagrada en abril de 1211 -
Apr 9, 1495
Fundación da Universidade de Santiago de Compostela
A universidade comezou impartindo as cátedras de Arte e Teoloxía e ampliou o seu campo docente ata chegar ás máis de 180 titulacións que ofrece actualmente en 41 facultades, escolas e centros de estudos situados nos campus de Santiago e Lugo. -
Chegada do Ferrocarril
A chegada do ferrocarril a Santiago vai unido á primeira liña férrea posta en funcionamento en Galicia que unía Cornes co Carril e que se prolongaría pouco despois ata Pontevedra. Construíuse así a estación de Santiago-Cornes inaugurada o 15 de setembro de 1873 por parte da The West Galicia Railway Company empresa británica que lograra a concesión da liña en 1866 tras comprar a compañía do Ferrocarril Compostelán da Infanta Dona Isabel. -
Aprobación do Estatuto de Autonomía
O estatuto de autonomía de Galicia estableceu a capitalidade galega en Compostela. Como consecuencia, a cidade sufriu a finais do século XX un considerable aumento de poboación e unha profunda transformación. -
Nomeamento da cidade como Patrimonio da Humanidade
A cidade antiga de Santiago é Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende 1985 ao considerar que a súa beleza urbana e a súa integridade monumental engadíase a súa significación espiritual como santuario apostólico e destino do movemento relixioso e cultural máis importante da Idade Media: a peregrinación polo Camiño de Santiago. -
Recoñecemento das Marías
As dúas irmás eran uns populares personaxes da cidade polo feito de levar a cabo os seus paseos cotiás pola Zona Vella, durante as décadas dos cincuenta e sesenta, vestidas e maquilladas dun xeito estrafalario. Estes paseos, que tiñan lugar ás dúas en punto do medio día (de aí un dos seus alcumes), eran todo un acontecemento polo contraste que supuñan co gris ambiente que reinaba durante o franquismo.