-
Bartolomeu Dias chegou ao cabo de Boa Esperanza deixando aberto o paso cara
o océano Índico. -
Foi un tratado entre Os Reis Católicos e Colon Nelas establecíase que as novas terras conquistadas pasarían á Coroa de Castela e que Colón
recibiría os títulos de almirante e vicerrei das terras que descubrise, así como a décima parte das riquezas que atopase. -
Expedición á India: a expedición de Vasco da Gama alcanzou a India abriu o camiño
para novas expedicións ás illas das Especias (actual Indonesia). -
Na súa primeira viaxe, Colón e a súa expedición partiron do porto de Palos (Huelva) a bordo de tres naves:
a Pinta, a Niña e a Santa María. Fixeron escala nas Illas Canarias, atravesaron o Atlántico aproveitando os
ventos alisios e o 12 de outubro de 1492 chegaron á illa de Guanahaní, nas Bahamas. Logo exploraron
Cuba e A Española (actuais Haití e República Dominicana). -
Para evitar conflitos con Portugal, os Reis Católicos asinaron o Tratado de Tordesillas : Este
documento establecía unha liña imaxinaria, a 370 leguas ao Oeste das illas de Cabo Verde, que dividía as
terras que se ían colonizar: ao Oeste do meridiano serían para Castela, e ao Leste,para Portugal. Creáronse os dous grandes imperios ultramarinos da Idade Moderna -
Vasco Núñez de Balboa atravesou o istmo de Panamá a pé e descubriu un novo océano, o
Pacífico. Isto confirmou que América era un novo continente. -
Levouse a cabo a primeira volta ao mundo. A expedición, dirixida por Fernando de
Magalláns, con Juan Sebastián Elcano como capitán, pretendía atopar un paso marítimo entre os océanos
Atlántico e Pacífico. A volta ao mundo demostrou que a Terra é esférica.