Jpg goya shootingmay3

Idade Contemporánea

  • A Guerra da Independencia

    A Guerra da Independencia
    Ca guerra da Independencia en 1808 comeza a Idade Contemporánea. Napoleón enganou a Carlos IV e apoderouse de España de camiño a invasión de Portugal. Esta invasión provocou unha revolta chamada Motín de Aranjuez. Carlos IV tivo que abdicar no seu fillo Fernando VII, e este veuse obrigado a darllo ao irmán de Napoleón, Xosé Bonaparte. Os madrileños rebeláronse contra o novo rei e comezou a guerra. Durou ata 1814, ca expulsión dos franceses e ca volta de Fernando VII.
  • A Constitución de 1812

    A Constitución de 1812
    Cando Fernando VII foi obrigado a renunciar ao trono, en España formouse unha Xunta Central que asumiu a defensa do país.
    En 1810, a Xunta reuniu en Cádiz a representantes do país nunhas cortes para redactar unha constitución. Dous anos despois aprobouse a primeira constitución, coñecida como "La Pepa". Esta constitución limitaba o poder do rei e establecía dereitos para os cidadáns, como a igualdade e o dereito a votar para elixir o goberno.
  • O Reinado de Fernando VII

    O Reinado de Fernando VII
    Acabada a Guerra da Independencia, Fernando VII volveu a España. Fernando VII suprimiu a Constitución e gobernou como un rei absolutista.
    Perseguiu aos liberais por esta razón, moitos tiveron que fuxir de España. Outros, foron os protagonistas de diferentes pronunciamentos.
    Durante o reinado de Fernando VII, España perdeu case todas as súas colonis en América. Primeio independizouse Arxentina e foi seguida por todas as demais excepto Cuba e Porto Rico. Isto recibe o nome de descolonización.
  • A época de Isabel II

    A época de Isabel II
    En España existía unha lei que impedía que as mulleres reinasen. Como Fernando VII non tivo fillos cambiou a lei para que puidese reinar a súa filla Isabel.
    Esta decisión non foi aceptada polo irmán do rei, o infante don Carlos María Isidro. Así comezou a primeira das guerras carlistas.
    A pesar diso, subiu ao trono Isabel II. O seu reinado estivo marcado pola loita entre moderadores e progresistas.
    En 1868 houbo unha revolución popular coñecida como "A Gloriosa" e a raíña abandonou España.
  • O final do século XIX

    O final do século XIX
    Tras a marcha de Isabel II, aprobouse unha nova constitución que establecía a monarquía. En 1871 elixiuse a Amadeu de Saboia,
    pero era un rei estranxeiro e contou con moi poucos partidarios. Por esta razón, dous anos despois renunciou ao trono español. Ca abdicación de Amadeu I, proclamouse unha República así que os cidadáns elixíron, por primeira vez a un presidente.
    A República tampouco contou cos apoios suficientes e apenas durou un ano.
    En 1874 os militares instauraron de novo a monarquía.
  • A Restauración

    A Restauración
    En 1874 proclamouse rei a Alfonso XII, fillo de Isabel II. Con el iniciouse en España unha nova etapa histórica coñecida como a Restauración.
    Durante o seu reinado, estableceuse a alternancia no goberno.
    Alfonso XII morreu en 1885. Sucedeu o seu trono ao seu fillo Alfonso XIII. A súa nai, María Cristina gobernou no seu nome ata que fixo 16 anos.
    En 1898, durante a rexencia de María Cristina, España perdeu as súas últimas colonias en Cuba, Porto Rico e Filipinas.