-
A chegada dos musulmáns á península Ibérica pon fin o reino visigodo. Mais a conquista islámica de Hispania non tivo outra consecuencia en Galicia que facer desaparecer a estrutura política da monarquía visigoda na que se encontraba integrada. Non se constata nin un fenómeno de despoboación e de repoboación na Gallaecia altomedieval froito da invasión musulmá.
-
A nobreza galega terá un importante protagonismo político. A economía caracterízase por unha agricultura moi primitiva e de baixos rendementos. A sociedade, pola presenza do campesiñado coma o grupo maioritario, mais moi heteroxéneo, conservando a existencia de servos; así como a presenza dunha aristocracia laica e dunha nobreza eclesiástica na que se vai apoiar a monarquía para impulsar o seu poder.
-
Coa descuberta da tumba do Apóstolo (813), Santiago vaise converter na cabeza espiritual do reino asturiano, substituíndo a Oviedo
-
Gallaecia fica durante o s. VIII á marxe do control dos reinos veciños, mais vaise ir integrando progresivamente no reino asturiano a partir do reinado de Ramiro I.
-
Fundamentalmente, co reinado de Ordoño I é cando se produce en gran medida a integración de Gallaecia no reino astur.