ESPAÑA NO S.XVII E S.XVIII

  • Oct 12, 1492

    DESCUBRIMIENTO DE AMÉRICA

    Co apoio dos reis catolicos Cristovo Colón abreu un novo roteiro cara as Indias basado na súa idea de que a terra era redonda. Sen sabelo, descubriu América.
  • 1504

    REINADO DE JUANA I

    Juana I de Castela, chamada «a tola» (1479 - 1555), foi raíña de Castela de 1504 a 1555, e de Aragón e Navarra, desde 1516 ata 1555, aínda que desde 1506 non exerceu ningún poder efectivo e a partir de 1509 viviu encerrada en Tordesillas, primeiro por orde do seu pai, Fernando o Católico, e logo por orde do seu fillo, o rei Carlos I
  • 1516

    REINADO DE CARLOS I

    Carlos I de España e V do Sacro Imperio Romano Xermánico, (1500 - 1558), reinou en todos os reinos e territorios hispánicos desde 1516 ata 1556, reunindo así por primeira vez na mesma persoa as Coroas de Castela —incluida Navarra— e Aragón. Foi emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico como Carlos V de 1520 a 1558. Tivo un reinado cheo de conflictos internos (Navarra, Comunidades…) e externos (Turquía, Francia…). Retirouse, e abdicou no seu fillo Felipe II.
  • 1556

    REINADO DE FILIPE II

    Felipe II de España, chamado «o Prudente» (1527 - 1598), reinou desde 1556 ata que morreu, de Nápoles e Sicilia desde 1554 y de Portugal e os Algarves —como Felipe I— desde 1580, cunha unión dinástica que durou sesenta años. Tamén por matrimonio con María I, foi rei de Inglaterra e Irlanda entre 1554 y 1558. No seu reinado houbo unha exploración global e expansión territorial polos océanos Atlántico y Pacífico, formando o primeiro imperio de ámbito mundial onde “non se poñía o sol”
  • 1557

    BATALLA SAN QUINTÍN

    A batalla de San Quintín foi unha batalla entablada no marco das Guerras italianas entre as tropas do imperio español e o exército francés, que tivo lugar no 10 de agosto de 1557, con vitoria decisiva para o reino de España.
  • 1571

    BATALLA DE LEPANTO

    O 7 de outubro de 1571 tivo lugar unha batalla naval no golfo de Lepanto, entre o Peloponeso e Epiro, que enfrontou aos turcos otománs contra unha coalición cristián, chamada Liga Santa, integrada polo Papa, a República de Venecia e a monarquía de Felipe II.
  • DERROTA ARMADA INVENCIBLE

    Armada Invencible é un termo de orixe inglesa para referirse á Empresa de Inglaterra de 1588, proxectada por Felipe II para destronar a Isabel I e invadir Inglaterra. O ataque ocorreu no marco da guerra anglo-española de 1585-1604. O ataque fracasou, en parte polo mal tempo, pero a guerra prolongouse 16 anos máis e rematouse co Tratado de Londres de 1604
  • REINADO DE FILIPE III

    Filipe III de España, chamado «o Piadoso» (1578 - 1621), foi rei de España e Portugal desde 1598 ata que morreu. Baixo o seu reinado acadouse a máxima expansión territorial, incorporando algúns territorios no norte de África e en Italia.
  • REINADO DE FILIPE IV

    Filipe IV de España, chamado «o Grande» ou «o Rei Planeta» (1605 - 1665), reinou en España2 desde el 1621 ata a súa morte, e de Portugal só ata 1640. As guerras constantes coa Europa protestante e con Francia levaron ao declive e ruina, e polo tanto a perder territorio, e así recoñecer a independencia de Portugal e as Provincias Unidas.
  • AS MENINAS

    As meninas (318 cm × 276 cm), a mellor obra de Diego de Velázquez, rematouse de pintar no ano 1656. Hoxe en día, expónse no Museo do Prado
  • REINADO DE CARLOS II

    Carlos II de España, clamado «o enfeitizado» (1661-1700), foi rei entre 1665 e 1700, aínda que baixo a rexencia de súa nai ata a mayoría de idade en 1675. O seu apodo débese ao seu feble estado físico, causado polo síndrome de Klinefelter, que causa tamén infertilidade, polo que morreu sen descendencia,e rematando con el a rama española dos Habsburgo.
  • REINADO DE FILIPE V

    Filipe V de España, chamado «o Animoso», foi rei de España desde 1700 ata a súa morte en 1746, cunha breve interrupción por causa da abdicación no seu fillo Luis I, prematuramente falecido en 1724. Como bisneto de Felipe IV, foi o sucesor do último monarca da Casa de Austria, seu tío-avó Carlos II, polo que se converteu no primeiro rei da Casa de Borbón en España. O seu reinado de 45 anos e 3 días é o máis prolongado na historia da monarquía Española.
  • REINADO DE LUIS I

    Luis I de España, chamado «o ben Amado» ou «o Liberal» , foi rei de España desde o 15 de xaneiro de 1724 ata a súa morte 229 días despois, o que convirte ao seu reinado no máis curto da historia de España. Era o fillo maior de Felipe V e María Luisa de Saboya.
  • REINADO DE FERNANDO VI

    Fernando VI de España, chamado «o prudente» ou «o xusto», foi rei de España desde 1746 ata 1759, terceiro fillo de Felipe V e da súa primeira esposa María Luisa Gabriela de Saboya. Casouse na Catedral de Badaxoz con Bárbara de Braganza en 1729, que foi raiña de España ata a súa morte en 1758.
  • CARLOS III

    Carlos III de España, chamado «o Político» ou «o Mellor Alcalde de Madrid», foi duque de Parma e Plasencia. Carlos lll era o terceiro fillo varón de Felipe V que chegou á vida adulta, e o primeiro que tivo coa súa segunda muller, Isabel Farnesio, polo que foron seus medio irmáns Luis I e Fernando VI, os que sucederon ao seu pai nun primeiro momento. A morte sen descendencia destos levou a Carlos lll a ocupar o trono español.
  • REINADO DE CARLOS IV

    Carlos IV de España, chamado «o Cazador», foi rei de España desde 1788 ata 1808. Fillo e sucesor de Carlos III e de María Amalia de Sajonia, accedeu ao trono pouco antes de estalar a Revolución francesa, e a seu falta de carácter fixo que delegase o goberno do seu reinado en mans da súa esposa María Luisa de Parma e de seu valido, Manuel Godoy.
  • A REVOLUCIÓN FRANCESA

    Os franceses revélanse contra a monarquía ao grito de Libertade, igualdade e fraternidade!