Eixe cronolóxico das etapas da historia

  • 1400

    Eixe cronolóxico da idade moderna

  • Period: 1474 to 1516

    Reis Católicos

    Os Reis Católicos foi a denominación que recibiron os esposos Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela, soberanos da Coroa de Castela (1474-1504) e da Coroa de Aragón (1479-1516). Os reis accederon ao trono de Castela tras a Guerra de Sucesión Castelá (1475-1479) contra os partidarios da princesa Juana, alcumada "a Beltraneja", filla do rei Enrique IV de Castela.
  • Period: 1500 to 1558

    Carlos I

    Carlos naceu en Gante, 24 de febreiro de 1500 e morreu en Cuacos de Yuste, 21 de setembro de 1558), reinou xunto coa súa nai Juana I esta última de forma soamente nominal e ata 1555 en todos os reinos e territorios hispánicos co nome de Carlos I desde 1516 ata 1556, reunindo así por primeira vez nunha mesma persoa as Coroas de Castela o Reino de Navarra inclusido Aragón. Así mesmo, foi emperador do Sacro Imperio Romano Germánico como Carlos V de 1520 a 1558.
  • Period: 1500 to

    Austrias Maiores

    A Monarquía Hispánica ou Monarquía Católica foi durante toda esa época a maior potencia de Europa. Durante os chamados Austrias maiores Carlos I e Felipe II, alcanzou o apoxeo da súa influencia e poder. A herdanza territorial de Carlos I, procedente dos Habsburgo Países Baixos e Condado de Borgoña en 1506 e dos Trastámaras Coroas de Aragón e Castela en 1516, xunto coa conquista de América, conformou a base do que se coñece como Imperio español.
  • Period: 1527 to

    Felipe II

    Felipe II de España naceu en Valladolid, 21 de maio de 1527 e morreu en San Lorenzo del Escorial, 13 de setembro de 1598, foi rei de España desde o 15 de xaneiro de 1556 ata a súa morte, de Nápoles e Sicilia desde 1554 e de Portugal e os Algarves como Felipe I desde 1580, realizando a tan ansiada unión dinástica que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra e Irlanda, polo seu matrimonio con María I, entre 1554 e 1558. Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal
  • Period: 1578 to

    Felipe III

    Felipe III de España, chamado «o Piadoso» (Madrid, 14 de abril de 1578-ibídem, 31 de marzo de 1621), foi rei de España e de Portugal desde o 13 de setembro de 1598 ata a súa morte. Era fillo e sucesor de Felipe II e de Ana de Austria (1549-1580). En 1598 contraeu matrimonio coa archiduquesa Margarita de Austria, filla do archiduque Carlos II de Estiria e de María Ana de Baviera e por tanto neta de Fernando I. Baixo o seu reinado España alcanzou a súa máxima expansión territorial.
  • Period: to

    Austrias Menores

    Coñécese como Austrias menores aos tres últimos representantes desta dinastía en España: Felipe III (1598-1621), Felipe IV (1621-1665) e Carlos II (1675-1700), mediando entre os dous últimos unha regencia de dez anos conducida por Mariana de Austria, esposa de Felipe IV. A dilatada etapa que representan estes monarcas -máis de cen anos- é dunha longa e agonizante decadencia da monarquía hispánica
  • Period: to

    Felipe IV

    Felipe IV de España, chamado «o Grande» ou «o Rey Planeta» (Valladolid, 8 de abril de 1605 - Madrid, 17 de setembro de 1665), foi rei de España desde o 31 de marzo de 1621 ata a súa morte, e de Portugal desde a mesma data ata decembro de 1640. O seu reinado de 44 anos e 170 días foi o máis longo da casa de Austria e o terceiro da historia española, sendo superado só por Felipe V e Alfonso XIII, aínda que o primeiros dezaseis anos do reinado deste último foron baixo regencia.
  • Period: to

    Carlos II

    Carlos II de España, chamado «o Enfeitizado» (Madrid, 6 de novembro de 1661-ibídem,1 de novembro de 1700), foi rei de España entre 1665 e 1700. Fillo e herdeiro de Felipe IV e de Mariana de Austria, permaneceu baixo a regencia da súa nai ata que alcanzou a maioría de idade en 1675. O seu sobrenome víñalle da atribución do seu lamentable estado físico. é probable que os sucesivos matrimonios consanguíneos da familia real ocasionaron que o herdeiro padecese da síndrome de Klinefelter