Charles darwin wallpaper  v2 by charlesdarwin

A biografía do navegante do Beagle e pai da evolución, Darwin.

  • Charles Robert Darwin nace en Shrewsbury, Inglaterra

    Charles Robert Darwin nace en Shrewsbury, Inglaterra
    Pasou a súa infancia na campiña inglesa, onde pasaba a maior parte do tempo admirando a natureza. Esto amósanos o vinculado que estivo co mundo da bioloxía dende moi pequeno.
  • Ingreso na Universidade de Edimburgo

    Ingreso na Universidade de Edimburgo
    Darwin pasou o verán deste ano como aprendiz de médico, axudando ó seu pai. Despois diso este obligoulle a cursar medicina nesta universidade a pesar do seu desexo de estudar algo relacionado ca bioloxía.
  • Ingreso no Christ's College of Cambridge

    Para evitar que a vida do seu fillo se convertise nunha propia dun fillo con familia adiñeirada, o seu pai enviouno a esta universidade para que cursase estudos eclesiásticos. En vez disto, Darwin prestoulle máis atención ás clases que se impartían de botánica. Neste ambiente entrou en contacto con outros naturistas que lle abriron as portas á súa verdadeira vocación.
  • A bordo do Beagle

    A bordo do Beagle
    John Henslow ofreceulle a oportunidade da súa vida. Montou a bordo do Beagle (que zarpou dende a bahía de Playmouth), un barco que daría a volta ó mundo e que lle permitiría facer expedicións por toda a costa e as illas de Sudamérica
  • Period: to

    A viaxe no Beagle

    O obxetivo da expedición era completar o estudo das costas da Patagonia e da Terra do Lume; levantar os planos da Costa de Chile, Perú, illas do Pacífico; e facer observacións cronométricas ó redor do mundo. Nesta viaxe recolle os datos obtidos nun diario onde fai referencia a máis de 5400 especies.
  • Comezo da viaxe

    Comezo da viaxe
    Esta data estaba prevista para chegar a Tenerife, pero non desembarcaron polo risco de padecer cólera. Posteriormente, dirixíronse a Brasil, onde Darwin quedou fascinado polo bosque tropical. A súa seguinte parada foi Bos Airese un tempo depois a Patagonia, onde localizou unha colina de fósiles de mamíferos extintos xunto a restos modernos de bivalvos.
  • Transcurso da viaxe

    Transcurso da viaxe
    Meses despois, continuou a súa viaxe por Terra de Lume, Chile e os Andes, onde foi testigo dalgúns accidentes xeolóxicos, como un sismo e indicios dun levantamento do terreo. Neste último observou fósiles de animais mariños na liña superior á preamar. Ademais diso, nos Andes atopou árbores fosilizadas propias do litoral mariño. Todo isto levoulle a pensar que as illas oceánicas estanse afundindo.
  • Transcurso da viaxe

    Transcurso da viaxe
    Continuou a súa investigación nas illas Galápagos, onde observou unhas das probas que supuxeron a clave para a formulación dos principios da súa teoría da evolución. Esta estaba basada nas distintas variedades que existían entre os tipos de peteiros dos pimpíns que se atopaban dispersos polas distantas illas desde arquipélago. Darwin demostrou que as aves se adaptaron ós alimentos dispoñibles en cada zona e desarrollaron peteiros cas formas más idóneas para sobrevivir.
  • Transcurso da viaxe

    A súa seguinte parada foi en Australia, pasando por Nova Zelanda, onde puido contemplar especies como a rata marsupial e o ornitorrinco. Ambas especies parecéronlle moi interesantes e extrañas xa que non eran comúns noutras zonas da Terra.
  • Fin da viaxe

    Fin da viaxe
    Despois da súa estancia no continente australiano, pasou polo sur de África hacia o norte no seu regreso a Inglaterra. Finalmente, o dous de outubro deste ano atracou no seu país natal.
  • Period: to

    Zooloxía da viaxe do HMS Beagle

    Neste período, publícase o seu estudo sobre a Zooloxía da viaxe do HMS Beagle, que recolleu durante a súa viaxe a bordo.
  • Matrimonio

    Matrimonio
    Contrae matrimonio ca súa curmá, Emma Wedgwood, que dará a luz a 10 fillos, aínda que só 7 deles chegarán á madurez.
  • Ensaio da súa teoría

    Elabora un ensaio da súa teoría sobre a evolución pero que non publica ata que o remata completamente.
  • Carta de Wallace a Darwin

    Carta de Wallace a Darwin
    Wallace ponse en contacto con Darwin e comunícalle que chegou á mesma teoría que el pero por separado, a evolución por selección natural.
  • "On the origin of species"

    "On the origin of species"
    Publicación do seu libro "On the origin of species", onde expón a súa teoría por selección natural.
  • "Descent of Man"

    "Descent of Man"
    Darwin aplica a súa teoría á evolución do seu humano. Nesta publicación argumenta que os homes e os simios proceden dun antepasado común, teoría por la cal é satirizado ca caricatura onde aparece debuxado co corpo dun simio.
  • Morte de Darwin

    Darwin morre a consecuencia duns síntomas dunha enfermidade misteriosa. Foi enterrado na Abadía de Westminster, en Londres, xunto con outros grandes científicos.