Fotosmanuelmaria 00928

MANUEL MARÍA

  • Nacemento

    Nacemento
    Nace en Outeiro de Rei da Terra Chá (Lugo) no seo dunha familia acomodada o 6 de outubro de 1929.
  • Comeza o bacharelato

    Comeza o bacharelato
    En 1942 comeza o bacharelato no Instituto de Lugo.
  • A morte do seu pai

    A morte do seu pai
    O 2 de maio de 1943, morre seu pai a causa dunha peritonite. Faise cargo dos seus estudos o seu tío paterno, o párroco de San froilán
  • A súa primeira conferencia

    A súa primeira conferencia
    Manuel María da a súa primeira conferencia no Círculo das artes en Lugo; intégrase na tertulia luguesa do café Méndez Núñez, invitado por Luis Pimentel. Publica os seus primeiros versos en galego na revista "Xistral", e o seu primeiro poemario "Muiñeiro de brétemas".
  • Matricúlase na Universidade de Santiago

    En 1949 matricúlase en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, pero abandona estes estudos ao ano seguinte.
  • Escribe a primeira redacción de Terra Chá

    No verán de 1953, que é un verdadeiro reencontro coa vida chairega e coas súas raigames labregas.
  • Coñece a Saleta Goi

    En 1956 coñece a Saleta Goi e ábrese aí unha nova etapa persoal na vida do autor. Casan en Lugo tres anos máis tarde é pouco despois intálanse os dous en Monforte de Lemos, onde o poeta exercerá a profesión de procurador até a súa xubilación.
  • Relación co grupo de intelectuais de Ourense

    Entre 1959 e 1963 manteñen unha grande relación co grupo de intelectuais de Ourense e asisten as primeiras reunións para reorganizar o nacionalismo galego, un proceso político no que é clave a figura de Mendez Ferrín.
  • Renuncia como membro da Real Academia Galega

    En 1975 presenta a súa renuncia como membro correspondente da Real Academia Galega dada a total ineficacia desta institución na defensa da lingua galega e dona a propiedade de Edicións Xistral ao recén creado Frente Cultural da AN-PG.
  • Poemas de Outono

    O poeta inicia o regreso ao amor e aos eidos nativos como temas de creación literaria. Poemas de Outono, escrito xa no umbral desa época, sinala como ningún outro libro un novo rumbo na voz poética de Manuel María. Aínda así, o poeta non renunciará en ningún momento ao seu compromiso activo co nacionalismo galego.
  • Homenaxes

    Nesta época recibe moitos homenaxes, pero hai dous que foron moi especiales para o poeta: a homenaxe nacional que a AS-PG lle tributou no Teatro Rosalía de Castro en 1995 e a entrada como académico numerario na Real Academia Galega en 2003.
  • Trasladase a A Coruña

    En 1998 Manuel María e Saleta trasladan a súa residencia á cidade da Coruña, onde pasará os seus últimos anos e onde manterá unha tertulia no Kirs.
  • Obra Poética Completa

    Aparición en 2001 da súa Obra Poética Completa, da man da editorial Espiral Maior, e a publicación un ano antes dun libro-homenaxe impulsado pola Asociación Cultural Xérmolos.
  • Falecemento

    Manuel María falece o 8 de setembro de 2004 na Coruña. Despois do velorio no Panteón de Galegos Ilustres, o seu corpo foi trasladado a Outeiro de Rei no medio dunha multitude de galegos e galegas que quixeron dar o seu derradeiro adeus ao poeta nacional de Galicia.