Línea do tempo

  • Charles Babbage

    Deseñou e parcialmente implementou unha máquina para calcular, de diferenzas mecánicas para calcular táboas de números. Tamén deseñou, pero nunca construíu, a máquina analítica para executar programas de tabulación ou computación; por estes inventos considéraselle «O Pai da Computación». No Museo de Ciencias de Londres exhíbense partes dos seus mecanismos inconclusos. Parte do seu cerebro conservado en formol exhíbese no Royal College of Surgeons of England, sito en Londres.
  • Ada Lovelace

    Matemática e escritora británica coñecida principalmente polo seu traballo sobre a máquina calculadora mecánica de uso xeral de Charles Babbage, a Máquina analítica.
  • Grace Hopper

    Grace Hopper
    Foi a primeira programadora que utilizou o Mark I e entre as décadas dos 50 e 60, desenvolveu o primeiro compilador para unha linguaxe de programación así como tamén propiciou métodos de validación.
  • Frances Elizabeth Allen

    É unha informática estadounidense e pioneira no campo de optimizar compiladores. Os seus logros inclúen traballo en compiladores, optimización de código, e computación paralela. Tamén tivo un rol importante na creación de linguaxes de programación e códigos de seguridade para a Axencia de Seguridade Nacional Americana
  • stephen Wozniak

    stephen Wozniak
    É un enxeñeiro, filántropo, empresario e inventor estadounidense, cofundador da compañía Apple.
  • Bill Gates

    Bill Gates
    É un empresario, informático e filántropo estadounidense, cofundador da empresa de software Microsoft xunto con Paul Allen.