Liña do tempo

  • Charles Babbage

    Charles Babbage
    Foi un matemático británico e científico da computación. Deseñou e parcialmente implementou unha máquina para calcular, de diferenzas mecánicas para calcular táboas de números. Tamén deseñou, pero nunca construíu, a máquina analítica para executar programas de tabulación ou computación; por estes inventos considéraselle como unha das primeiras persoas en concibir a idea do que hoxe chamariamos unha computadora, polo que se lle considera como «O Pai da Computación».
  • Ada Lovelace

    Ada Lovelace
    Coñecida habitualmente como Ada Lovelace, foi unha matemática e escritora británica coñecida principalmente polo seu traballo sobre a máquina calculadora mecánica de uso xeral de Charles Babbage, a Máquina analítica. Entre as súas notas sobre a máquina atópase o que se recoñece hoxe como o primeiro algoritmo destinado a ser procesado por unha máquina. Como consecuencia, descríbella a miúdo como a primeira programadora de computadores
  • Howard H. Aiken

    Howard  H. Aiken
    Foi un enxeñeiro estadounidense, pioneiro no campo da informática e enxeñeiro principal tras o proxecto que deu lugar á serie de ordenadores Mark
  • Walter Houser Brattain

    Walter Houser Brattain
    Foi un dos físicos que inventou o transistor. Comezou a traballar como físico na división de radio do Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía, en 1929 incorporouse aos laboratorios da Compañía Telefónica Bell. Na época en que traballaba alí, el e os físicos estadounidenses William Shockley e John Bardeen inventaron un pequeno dispositivo electrónico chamado transistor.
  • Grace Murray Hopper

    Grace Murray Hopper
    Grace Murray Hopper (Nova York, 9 de decembro de 1906 - Condado de Arlington, 1 de xaneiro de 1992) foi unha científica da computación e tamén unha militar estadounidense, con grao de contraalmirante, considerada unha pioneira no mundo das ciencias da computación. Foi a primeira programadora que utilizou o Mark I e entre as décadas dos 50 e 60, desenvolveu o primeiro compilador para unha linguaxe de programación así como tamén propiciou métodos de validación.
  • John Bardeen

    John Bardeen
    Foi un físico estadounidense galardoado cos Premios Nobel de Física dos anos 1956 e 1972, converténdose xunto a Marie Curie, Linus Pauling e Frederick Sanger nas únicas persoas galardoadas dúas veces co Premio Nobel (aínda que Marie Curie e Linus Pauling recibiron premios Nobel en distintas categorías, Frederik Sanger recibiuno en ambas as ocasións na categoría Nobel de Química e John Bardeen en ambas as ocasións na categoría Nobel de Física).
  • William Bradford Shockley

    William Bradford Shockley
    Foi un físico estadounidense. En conxunto con John Bardeen e Walter Houser Brattain, obtivo o premio Nobel de Física en 1956 polas súas investigacións sobre semiconductores e o descubrimento do Transistor.
  • Hedy Lamarr

    Hedy Lamarr
    Foi unha actriz e inventora austriaca naturalizada estadounidense. Ademais de ser a primeira muller que nunha película protagonizou un espido e simulou un orgasmo na historia do cinema (Éxtase, 1933), tamén foi co-inventora da primeira versión do espectro alargado que daría lugar á tecnoloxía Wifi e Bluetooth.
  • Frances Elizabeth

    Frances Elizabeth
    Frances Elizabeth "Fran" Allen (4 de agosto de 1932) é unha informática estadounidense e pioneira no campo de optimizar compiladores. Os seus logros inclúen traballo en compiladores, optimización de código, e computación paralela. Tamén tivo un rol importante na creación de linguaxes de programación e códigos de seguridade para a Axencia de Seguridade Nacional Americana.
    Allen foi o primeira socio de IBM e en 2006 converteuse na primeira muller gañadora do Premio Turing.
  • Jude Milhon

    Jude Milhon
    Mellor coñecida baixo o pseudónimo St.Jude, foi unha hacker e autora residente na área de San Francisco.
    A pesar de nacer en Washington D. C., pasou a maioría da súa infancia e adolescencia en Anderson, Indiana, onde participou activamente en prol dos dereitos civís, ata o punto de ser encarceradas en diversas ocasións por desobediencia civil
  • Eckert e Mauchly

    Eckert e Mauchly
    A Eckert-Mauchly Computer Corporation (EMCC) foi fundada por Eckert e Mauchly, e foi constituída o 22 de decembro de 1947. Tras fabricar a computadora ENIAC na Universidade de Pensilvania, Eckert e Mauchly formaron a EMCC para crear novos deseños de computadoras destinadas a usos comerciais e militares. Nun principio a compañía chamouse Electronic Control Company, pero cambiou o seu nome polo de Eckert?Mauchly Computer Corporation cando se constituíu.
  • Stephen Wozniak

    Stephen Wozniak
    Stephen Gary Wozniak, nado o 11 de agosto de 1950 en California, é un enxeñeiro electrónico estadounidense. Os seus inventos e máquinas están recoñecidos como grandes contribucións á revolución da computadora persoal nos anos setenta. Wozniak fundou Apple Computer xunto con Steve Jobs e Ronald Wayne en 1976 e creou os computadores Apple I e Apple II a mediados dos anos setenta.
  • Bill Gates

    Bill Gates
    William Henry "Bill" Gates III, nacido en Seattle (estado de Washington) o 28 de outubro de 1955, é un informático, empresario e filántropo estadounidense. Gates foi director xeral e actualmente é presidente de Microsoft, a compañía de software que fundou xunto con Paul Allen