-
Estas son as linguas celtas e preceltas. Da lingua celta consérvanse palabras como beizo ou carro, topónimos coma Barallobre ou hidrónimos coma Sar.
Dos poboados celtas consérvanse palabras coma amorodo ou cama. -
Do latín quédannos palabras coma por exemplo lúa, amigo, chuvia, noite ou facer. Tamén hai cultismos (lácteo ou pleno) ou semicultismos (cravo ou prata)
-
Os pobos xermánicos deixaron palabras de uso común referidos á guerra coma por exemplo espía, roupa, toalla, xabón... Topónimos coma por exemplo Allariz, Focarei, Suevos etc ou antropónimos coma Alfonso Fernando, Gonzalo, Alberte, Elvira, Blanca...
-
Os árabes deixáronnos palabras coma por exemplo aceite, alfaia, alfinete ou azucre. Por outra parte deixáronnos topónimos coma a Mezquita ou Rábade
-
A partir deste século a lingua falada no noroeste da península era un idioma bastante diferente ao latín ou doutras linguas romances. Chamábase galego-portugués debido a que se falaba tanto en Galicia tanto no norte de Portugal.
-
Os primeiros textos en galego-portugués foron no século X, os cales eran anotación sobre outros tempos, pero co tempo estendéronse as obras en prosa.
-
A finais do século o galego-portugués convértese nunha lingua lírica medieval. Convértese nos idiomas máis prestixiosos da península e era a lingua popular da lírica.
-