Chkln3n 1024x768

Italia fascista

  • Creación dos fascios

    Creación dos fascios
    Os "Fasci italiani di combattimento", eran grupos de combate formados por xente de todas as ideoloxías dedicados a perseguir ós políticos de esquerdas e líderes de sindicatos, e ó emprego da violencia para reprimir as folgas .
  • Formación do Partido Nacional Fascista

    Formación do Partido Nacional Fascista
    Debido ó incremento dos seus seguidores, Mussolini crea o PNF, que representaba á perfección a ideoloxía fascista e foi o único partido legal durante a ditadura.
  • Marcha sobre Roma

    Marcha sobre Roma
    Mussolini e os seus aliados organizaron unha marcha que os levaría ao poder do Reino de Italia. O feito marcou o final do réxime parlamentario e o comezo do fascista.
    Tras a marcha, o rei Vítor Manuel III nomea a Mussolini como xefe de goberno, quen sería apoiado pola burguesía, o exército e os partidarios dunha ideoloxía conervadora.
    O 1922 foi un ano clave.
  • Vitoria do Partido Nacional Fascista nas eleccións

    Vitoria do Partido Nacional Fascista nas eleccións
    Os fascistas levaron a cabo unha violenta campaña electoral, a cal foi denunciada por opositores como Matteotti, quen máis tarde foi asasinado.
    O PNF obtén a maioría nas eleccións de 1924, e como forma de protesta os deputados da oposición retíranse do Parlamento. Deuse así a situación perfecta para os fascistas, quenes tomaron o control de tódalas institucións do Estado.
  • Comezo da ditadura persoal de Mussolini

    Comezo da ditadura persoal de Mussolini
    A partir deste momento, comeza en Italia unha ditadura protagonizada por Benito Mussolini, o cal instaurará un violento réxime que cumple con tódalas características do fascismo.
  • Carta do Traballo

    Carta do Traballo
    En canto á economía, os fascistas instauraron o corporativismo. Caracterizado polo intervencionismo estatal, a propiedade privada (subordinada ós intereses do Estado) ou a sindicación obrigatoria (de obreiros e empresarios nos mesmos sindicatos), denominouse como unha terceira vía a medio camiño entre o socialismo e o capitalismo.
    Todas estas medidas se recolleron nunha lei chamada "Carta del Lavoro" (Carta do Traballo).
  • Acordos de Letrán

    Acordos de Letrán
    Dende a fin da unificación italiana no 1870 non se resolvía a chamada "cuestión romana", que consistía nunha disputa entre o goberno italiano e a Santa Sede Apostólica ou papado. Mussolini puxo fin a este conflito mediante os Acordos de letrán, polos cales o Vaticano recoñecía a Roma como a capital italiana sempre que o Papa conservase a soberanía sobre o Vaticano.
  • Colonización de Libia

    Colonización de Libia
    Mussolini levou a cabo o expansionismo, buscando retomar o "Imperio Romano". Isto rompía algunhas leis da Sociedade de Nacións, co que o goberno italiano foi sancionado (feito que a ó ditador non lle supuxo problema, xa que non pagou ditas sancións).
    Centrouse en África Oriental e conquistou Libia no 1933 e Abisinia no 1935.
  • Eixe Roma-Berlín

    Eixe Roma-Berlín
    Foi un pacto entre Mussolini e Hitler (ditador alemán) que establecía que Alemaña e Italia participarían da man na Segunda guerra Mundial.
  • Destitución de Mussolini

    Destitución de Mussolini
    O Gran Consello Fascista devolve o poder ó rei Vítor Manuel III (ata o momento títere de Mussolini). O novo xefe de goberno asina a rendición de Italia na II GM.
    O ditador foi arrestado, mais os nazis alemás non tardaron en liberalo e estableceron unha república social para que Mussolini a dirixise: a República de Saló, no norte de Italia.
  • Detención de Mussolini

    Detención de Mussolini
    Os partisanos (resistencia antifascista italiana) detiveron a Benito Mussolini e foi executado.