-
Foi inventado por Thomas Edison en 1877.
-
Foi inventado en 1925 e foi unha versión mellorada do gramófono, xa que para reproducir a música utilizaba electricidade. A partir do ano 1950 popularizouse, converténdose no reprodutor de música que máis tempo se mantivo funcionando, pois aínda se segue fabricando e vendendo na actualidade.
-
Foi inventado en 1888 por Emile Berliner e converteuse no aparato que se utilizou para reproducir música nas casas ata o ano 1950.
-
Este formato apareceu de forma pública en 1980 e deu pé á chegada do mundo dixital na música.
-
É un formato de audio dixital comprimido que permite almacenar a música mediante ficheiros de ordenador. Comezou a usarse en 1995 e hoxe en día é o máis utilizado do mundo para escoitar e transportar música. Aínda que existen milleiros de reprodutores portátiles de mp3, no ano 2001 inventouse o máis popular, coñecido como iPod.
-
Foi creado en 1963 pola empresa Philips e nos anos 70 converteuse nun formato moi popular xa que, ao contrario que o disco de vinilo, o casete permitía regravar o audio. Ademais, no ano 1979, a empresa Sony creou o walkman, primeiro aparato portátil que permitía reproducir música.