Lenin revolucion sovietica polext22

Revolución rusa

  • O Domingo sanguento

    O Domingo sanguento

    En San Petersburgo, o domingo 9 de xaneiro, unha manifestación pacífica dirixiuse cara ao palacio de inverno para presentar ao
    tsar unha serie de peticións sociais, laborais e políticas. A manifestación, por orde
    do tsar, foi duramente reprimida polo exército causando un número elevado de mortos. Foi o
    Domingo vermello ou sanguento. Esta revolución fracasou, pero pode considerarse como un ensaio da Revolución de
    1917.
  • Period: to

    REVOLUCIÓN RUSA

    En 1917 triunfou en Rusia a Revolución soviética, un dos acontecementos contemporáneos de
    maior transcendencia polas súas fondas repercusións, non só pola transformación dun país
    atrasado nunha potencia mundial, senón porque se converteu en modelo alternativo a seguir
    por outros países.
  • A Revolución de febreiro

    A Revolución de febreiro

    A miseria e o desabastecemento fixeron que o 23 de febreiro de 1917 a
    poboación de Petrogrado (San Petersburgo) protestara pola falta de pan. Foi o inicio da
    Revolución. As folgas e as manifestacións estendéronse polo que o tsar, Nicolás II, quedouse sen apoios, abdicou e proclamouse a República.
    Estableceuse un goberno provisional, presidido polo príncipe Lvov, apoiado polos liberais, os oficiais do exército e o soviet de Petrogrado.
  • Period: to

    O Goberno provisional

    O Goberno provisional decidiu convocar unha Duma para
    elaborar unha Constitución, conceder unha amnistía e continuar a guerra.
    Establecido un réxime democrático e parlamentario, nos meses seguintes, o Goberno
    provisional foi incapaz de estabilizar a situación. Mentres a autoridade do Goberno provisional se deterioraba cada día máis, a
    influencia dos bolxeviques era
    cada vez maior. Kerenski convértese no novo presidente(sucedendo a Lvov) do Goberno provisional co
    apoio de eseristas e menxeviques.
  • A Revolución de outubro

    A Revolución de outubro

    En outubro de 1917, Lenin e o Comité central do
    partido bolxevique, acordan iniciar a insurrección armada. Na noite do 24 ao 25 de outubro, a garda vermella toma Petrogrado. O día 26 os gardas vermellos asaltaron o palacio de inverno e detiveron os membros do Goberno Provisional, agás a Kerenski que fuxiu. A caída do Goberno provisional daba paso ao poder dos soviets. Creouse un novo Goberno, o Consello de
    Comisarios do Pobo, presidido por Lenin xunto con Troski e Stalin
  • Period: to

    A Guerra civil

    As medidas tomadas polos bolxeviques acrecentaron o número de opositores ao novo réxime.
    O conxunto de forzas da oposición organizaron o
    Exército Branco contra os bolxevique, iniciándose a guerra civil en 1918.
    A organización por Trotski dun exército revolucionario fortemente disciplinado permitiu ao Goberno bolxevique lograr a vitoria en 1921.
    Ambos bandos desenvolveron unha política de terror e represión sobre os seus contrarios, os
    bolxeviques executaron aos membros da familia imperial.
  • A Terceira Internacional

    A Terceira Internacional

    En 1919 fundouse en Moscova a Terceira Internacional. O seu obxectivo fundamental era o derrocamento definitivo do capitalismo no
    mundo e estender a revolución comunista polo resto do mundo. Durante a celebración do seu
    II Congreso, en 1920, establecéronse as 21 condicións esixibles para o ingreso na mesma de
    partidos ou asociacións obreiras.
    Desde ese momento o socialismo mundial dividiuse en: partidos socialistas e partidos comunistas.
  • Period: to

    A Nova Política Económica (NEP)

    Para evitar o descontento popular e a propagación das insurreccións, o Goberno de Lenin
    adoptou unha serie de medidas que se coñecen como a NEP.
    Esta nova política supoñía un retorno parcial a unha economía de mercado. Admitiuse a
    propiedade privada no campo, pequenas industrias e comercios. Restableceuse a economía
    monetaria. No campo, desaparecían as requisas obrigatorias. Pero o Estado
    conservaba o control dos sectores clave, bancos, industria pesada, transportes e comercio exterior.
  • O nacemento da URSS

    O nacemento da URSS

    En decembro de 1922 as repúblicas soviéticas de Rusia, Bielorrusia, Ucraína e de Transcaucasia
    (formada por Armenia, Xeorxia e Acerbaixán) uníronse formando a Unión de Repúblicas
    Socialistas Soviéticas (URSS).
  • Period: to

    A era de Stalin

    Stalin foi eliminando a todos os seus adversarios e concentrando todo o poder nas súas mans. Desde 1927 dirixiu ditatorialmente a URSS
    ata a súa morte en 1953. Stalin gozou dun culto case sagrado na URSS durante o mandato do
    primeiro. Considerábase
    infalible e cun poder absoluto.
    Goberno de Stalin mantivo unha férrea censura, controlou a educación e a cultura, manipulou
    a información e empregou a propaganda.
    Para evitar as disidencias e consolidar o seu poder, Stalin empregou o terror.