-
Linea temporal sobre a literatura galega dende os seus comezos ata o S.XX
-
Comeza coa cantiga de escarnio: "Ora faz ost'o señor de navarra"
-
-Relixiosa: "Cantigas de Santa María"
-Profana: Eran cantigas de amor, escarnio ou amigo, compostas por trobadores coma Bernal de Bonaval , Pero Amigo ou Martín Códax. Recollíanse en cancioneiros como o de Ajuda, o Collocci-Brancutti ou o da Biblioteca Vaticana -
Había de varios tipos: xurídica e administrativa, historográfica e de ficción. No grupo de ficción hai varios ciclos: bretón, clásico e carolinxio (haxiográfia)
-
Etapa improductiva en lingua galega, sobre todo nos S. XV-XVI
-
Ademáis da poesía académica, publicáronse catro recopilatorios da lírica barroca (elexías e romances) , nos que hai presenza de poesía lírica popular (panxoliñas e vilancicos) e poesía de circunstancias, por exemplo o Pranto da Frouxeira
-
A principal obra narrativa da época é o Saqueo de Cangas polos Turcos.
A principal representación teatral é o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño -
Entre os máis destacados temos a:
-Pai Feixoo: defensor da igualdade entre home e muller, argumentou na contra de supersticións e defendeu o galego
-Pai Sarmiento: reivindicou a necesidade da escolarización en galego, escribiu o Diálogo de 24 rústicos, no que fai un estudo lexicolóxico do galego da época
-O cura de Fruime: foi moi querido xa que explicaba a relixión con obras teatrais -
Certame literario celebrado en Santiago no cal presentáronse [nove composicións] en galego. Estas composicións forman a chamada poesía académica
-
Os textos en galego eran máis do tipo utilitario e informativo, tratando a situación da ocupación francesa.
Aparece un poema anónimo titulado: "Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistamento" -
Etapa na que comezan a aparecer composicións en galego moi pouco a pouco. Abarca dende a entrada de Napoleón en España ata a publicación de Cantares Gallegos.
-
A partir de 1840 comézanse a publicar numerosos poemas en periódicos, así coma a aparición de folletos, propaganda, panxoliñas... en lingua galega.
Coma autores importantes temos a :
-Francisco Añón: publicou numerosas poesías en galego, entre elas "A Galicia"
-Xoan Manuel Pintos: publicou o primeiro libro en galego (trilingue en galego, castelán e latín) titulado A Gaita Gallega
-Manuel Murguía: foi outro destacado impulsor do Rexurdimento -
Comeza coa publicación de Cantares Gallegos
-
-Rosalía de Castro: Comeza o rexurdimento coa súa obra Cantares Gallegos , máis tarde publica Follas Novas
-Eduardo Pondal: Publica Queixumes dos Pinos
-Curros Enríquez: Publica Aires Da Miña Terra