-
Nacemento de Francisco de Goya
Francisco de Goya naceu o 30 de marzo de 1746 en Fuendetodos, unha vila da provincia de Zaragoza, en España. Foi un dos pintores e gravadores máis importantes da historia da arte española e europea, considerado precursor de correntes como o romanticismo e mesmo do impresionismo e expresionismo. -
Pintor de cartóns para tapices
Conxunto de obras pintadas por Francisco de Goya para a Real Fábrica de Tapices de Santa Bárbara. -
Retrato A Familia de Carlos IV
"A familia de Carlos IV" é un cadro pintado por Francisco de Goya no ano 1800, onde se representa ao rei Carlos IV de España xunto coa súa familia. A obra mostra aos membros da realeza con gran realismo, sen idealizacións, e destaca pola súa composición e polo uso da luz. Goya, que era o pintor da corte, aparece tamén no cadro, nun segundo plano, como testemuña da escena. A pintura está inspirada en parte na -
Publicación de Caprichos
Primeira serie de trampas que o artista español utilizou para venderse como conxunto. -
A Carga dos Mamelucos
"A carga dos mamelucos" é un cadro pintado por Francisco de Goya no ano 1814. Representa un dos feitos máis violentos do levantamento do 2 de maio de 1808 en Madrid, cando o pobo madrileño se enfrontou ás tropas napoleónicas que ocupaban a cidade. Nesta obra, Goya mostra a loita brutal entre os soldados franceses moitos deles mamelucos, mercenarios de orixe exipcia ao servizo de Napoleón e os cidadáns madrileños. -
Guerra da Independencia
A Guerra da Independencia Española foi un conflito armado que tivo lugar entre 1808 e 1814, no que o pobo español loitou contra a ocupación do exército napoleónico francés. Comezou co levantamento do 2 de maio de 1808 en Madrid e estendeuse por todo o territorio, combinando a acción do exército regular coa resistencia popular, coñecida como guerra de guerrillas. -
Os fusilamentos do 3 de maio
"Os fusilamentos do 3 de maio" é un cadro pintado por Francisco de Goya no ano 1814. Representa a execución de varios madrileños por parte do exército francés na madrugada do 3 de maio de 1808, como represalia polo levantamento popular contra a ocupación napoleónica que tivera lugar o día anterior. Na pintura, destaca a figura central dun home vestido de branco, cos brazos abertos en sinal de entrega ou sacrificio, fronte aos soldados que o van fusilar -
Trienio Liberal.
Periodo na historia de España caracterizado pola restauración da Constitución de 1812. -
Entrada dos Cen mil fillos de San Luís.
A Entrada dos Cen Mil Fillos de San Luís foi a intervención militar que tivo lugar en España no ano 1823, cando un exército francés, chamado así —os Cen Mil Fillos de San Luís—, entrou no país co apoio da Santa Alianza para restaurar o rei Fernando VII no poder absoluto, poñendo fin ao Trienio Liberal (1820–1823), un período no que se intentara instaurar un réxime constitucional. -
Pinturas Negras
As Pinturas Negras son un conxunto de 14 obras realizadas por Francisco de Goya entre 1819 e 1823, nos últimos anos da súa vida. Pintounas directamente sobre as paredes da súa casa, coñecida como a Quinta do Sordo, nos arredores de Madrid. Estas pinturas reflicten unha visión escura, pesimista e profundamente crítica da condición humana. Aínda que non estaban destinadas ao público, amosan temas como a loucura, a violencia, a superstición, a vellez e a morte. -
Exilio en Bordeus
Cadro creado un ano anNos últimos anos da súa vida, Francisco de Goya marchou ao exilio en Burdeos, cidade do suroeste de Francia. Instalouse alí en 1824, nun momento no que en España gobernaba de novo Fernando VII, quen restablecera o absolutismo e perseguía os liberais e os pensadores críticos. Aínda que Goya non foi oficialmente exiliado, marchou voluntariamente, probablemente por razóns políticas e de saúde, xa que era maior, estaba enfermo e practicamente xordo.tes da sua morte. -
Morte Francisco de Goya
Francisco de Goya faleceu o 16 de abril de 1828 na cidade de Burdeos, en Francia, onde vivía exiliado voluntariamente desde había varios anos. Tiña 82 anos e a súa saúde estaba moi deteriorada: estaba xordo desde novo e sufría diversas doenzas. Durante o seu tempo en Burdeos, aínda que xa era maior, continuou traballando e creando, especialmente debuxos e litografías. Estaba rodeado de amigos e doutros exiliados españois. -
Restauración Absolutista de Fernando VII
Refírese a dous periodos no que o rei Fernando VII recuperou o trono -
Constitución Española
A Constitución Española é a norma suprema do ordenamento xurídico de España.