-
As Cortes de Cádiz foron unha asamblea constituínte que se reuniu en Cádiz dende o 1810 ata o 1814, durante a Guerra da Independencia Española. O seu obxectivo era redactar a primeira Constitución liberal de España, máis coñecida como "A Pepa". O máis destacable é o decreto que establece a soberanía nacional e a división de poderes, pero sen dúbida, a iniciativa máis importante desta asamblea é a tramitación da Constitución promulgada o 19 de marzo de 1812. -
A Constitución de 1812, tamén chamada "La Pepa", foi aprobada nas Cortes de Cádiz durante a Guerra de Independencia contra Napoleón. Foi un dos primeiros intentos de establecer un réxime liberal en España. Defendía principios como a soberanía nacional, a división de poderes, a liberdade de prensa e a igualdade perante a lei. Limitaba o poder do rei, establecendo unha monarquía constitucional. Aínda que foi derrogada en varias ocasións, tivo un gran impacto no desenvolvemento político de España. -
No 1808, España estaba baixo control de Napoleón, que mandou os franceses invadir o país. Os españois non querían perder a súa liberdade e comezaron a loitar en moitas batallas, con guerrilleiros e exército xuntos. Foi unha guerra dura onde todo o pobo loitou para expulsar aos franceses. Finalmente, en 1814, lograron vencer e recuperar a independencia de España, celebrando a súa liberdade e soberanía. -
Foi unha conferencia internacional celebrada polas potencias europeas vencedoras de Napoleón para reordenar o mapa de Europa e restaurar a orde tradicional, establecendo principios como a lexitimidade das monarquías, o equilibrio do poder e o dereito á intervención para sofocar revolucións liberais. -
As Revolucións de 1830 foron unha serie de levantes en Europa que loitaron contra o absolutismo e a monarquía. A máis importante foi a de Francia, que resultou na caída do rei Carlos X e a ascensión de Luis Felipe de Orleáns, dando paso á monarquía de Xullo. Tamén se produciron revoltas en Bélxica, Polonia e en parte de Italia. Estas revoltas foron parte dun movemento maior de loita pola liberdade e os dereitos civís, pero non todos os pobos conseguiron a súa independencia ou cambios duradeiros. -
Isabel II foi raíña de España desde 1833 até 1868. Subiu ao trono tras a morte do seu pai, Fernando VII, e viviu o inicio da Primeira Guerra Carlista. O seu reinado estivo marcado por inestabilidade política, revoltas e loitas entre liberais e conservadores. A pesar de varios intentos de modernización, foi vista como débil e manipulada polos intereses políticos. En 1868, tras a Revolución da Gloriosa, abdicou e exiliouse, poñendo fin ao seu reinado. -
As Revolucións de 1848, tamén coñecidas como a "Primavera dos Pobos", ocorreron en moitos países de Europa, como Francia, Austria, Prusia e Italia. A xente loitaba contra o absolutismo, exixindo dereitos civís, melloras nas condicións de vida e reformas políticas. En Francia, a revolución levou á creación da Segunda República. Aínda que algúns movementos foron esmagados, as revoltas de 1848 tiveron un gran impacto na transformación política e social de Europa. -
O Manifesto Comunista (1848) foi escrito por Marx e Engels. Explica que a historia é unha loita entre ricos (burguesía) e traballadores (proletariado). Di que os traballadores deben unirse para acabar coa desigualdade e crear unha sociedade onde non haxa clases sociais nin explotación. É un texto curto pero moi potente, que buscaba animar á xente a cambiar o sistema. -
Alfonso XII (1857-1885) foi rei de España tras o fin da Primeira República. Co seu reinado comezou a Restauración, unha etapa de estabilidade despois de anos de guerras e conflitos. Implantouse un sistema político baseado na alternancia pactada entre liberais e conservadores. Alfonso XII buscou a paz, especialmente en Cuba e no País Vasco. Morreu moi novo, e deixou o trono para o seu fillo, Alfonso XIII. -
A Guerra de Secesión dos EUA (1861-1865) foi un conflito entre o Norte (unionista) e o Sur (confederado). O Sur quería manter a escravitude e máis autonomía; o Norte defendía a unidade do país e acabar con ese sistema. A guerra foi moi dura, con miles de mortos. O Norte venceu e aboliu definitivamente a escravitude, reforzando o poder do goberno federal e marcando o futuro dos Estados Unidos. -
A unificación de Italia foi como xuntar un puzzle enorme. No século XIX, Italia estaba dividida en moitos reinos pequenos e distintos. Grazas a heroes coma Garibaldi, que loitou cun exército chamado “Os Mille”, e ao rei Vitor Emanuel II, conseguiron xuntar todas esas pezas nun só país chamado Italia. Foi unha aventura chea de batallas, amigos e estratexias, ata que Italia deixou de estar dividida para ser un país unido e forte. -
A Primeira Internacional (I AIT), creada en 1864 en Londres, foi unha organización que uniu traballadores de distintos países para defender os seus dereitos. Alí colaboraban correntes como socialistas, marxistas e anarquistas. Buscaban mellores condicións laborais, redución da xornada e máis xustiza social. Houbo moitos conflitos internos entre Marx e Bakunin, que provocaron a súa división. A I AIT marcou o inicio do movemento obreiro internacional. -
O Sexenio Democrático (1868-1874) foi un período de reformas políticas en España, comezado coa Revolución de 1868 que derrocou a Isabel II. Tras a súa abdicación, instaurouse un goberno provisional e unha monarquía constitucional baixo Amadeo de Savoia, que non conseguiu estabilizar o país. En 1873 proclamouse a Primeira República, pero a inestabilidade, os conflitos internos e as dificultades económicas levaron ao seu fin. En 1874 restaurouse a monarquía borbónica con Alfonso XII. -
A unificación alemana ocorreu en 1871, cando varios estados alemáns uníronse para formar un só país chamado Alemaña. Antes, Alemaña estaba dividida en moitos pequenos estados independentes. O líder principal foi Otto von Bismarck, que usou a diplomacia e guerras para conseguir a unión. A vitoria na guerra contra Francia en 1870 impulsou esta unión, e o rei Guillermo I de Prusia foi proclamado emperador de Alemaña, creando un imperio forte e unificado. -
A Primeira República de España (1873-1874) foi un breve período de goberno republicano que comezou logo da abdicación de Amadeo de Savoia. Foi marcada por unha gran inestabilidade . O país atravesaba conflitos internos como as Guerras Carlistas, e a situación económica era crítica. A República pasou por varios presidentes en pouco tempo e tivo que afrontar varias rebelións. A súa falta de apoio e as dificultades internas deron paso á restauración da monarquía borbónica con Alfonso XII en 1874. -
A Constitución de 1876 foi a lei fundamental da Restauración en España. Era unha constitución flexible que permitía gobernos tanto liberais como conservadores. Establecía a monarquía parlamentaria, as Cortes con Senado e Congreso, e certos dereitos individuais, aínda que moitos podían limitarse. Deseñouse para dar estabilidade tras anos de conflitos, e estivo en vigor case 50 anos, ata 1923 coa ditadura de Primo de Rivera. -
A Conferencia de Berlín (1884-1885) foi unha reunión das potencias europeas para repartirse África sen contar cos africanos. Alí fixaron fronteiras, normas para ocupar territorios e evitar guerras entre eles. O seu obxectivo real era controlar recursos e gañar poder. Marcou o inicio do reparto colonial que creou conflitos e fronteiras artificiais que aínda afectan o continente. -
Alfonso XIII (1886-1941) foi rei de España desde o seu nacemento. O seu reinado estivo cheo de problemas: crises políticas, pobreza, violencia social e a guerra de Marrocos. Permitíu a ditadura de Primo de Rivera para intentar traer orde, pero o sistema acabou caendo. En 1931, co apoio popular perdido, marchou de España e proclamouse a Segunda República. O seu reinado é lembrado como unha etapa de inestabilidade. -
A Segunda Internacional (II AIT), creada en 1889, agrupou partidos socialistas e obreiros de moitos países. O seu obxectivo era coordinar accións para mellorar as condicións laborais, impulsar o socialismo e evitar guerras entre nacións. Promoveu o 1º de Maio como Día do Traballo. Porén, rompeu en 1914 cando moitos partidos apoiaron as súas nacións na Primeira Guerra Mundial. A II AIT marcou a expansión do movemento obreiro organizado. -
O Domingo Sanguento foi en xaneiro de 1905, cando moita xente en Rusia foi pacificamente ao palacio do tsar para pedir mellores condicións de vida. Pero os soldados dispararon contra eles. Morreu moita xente inocente e o país quedou moi indignado. A xente perdeu a confianza no tsar e empezaron máis protestas que abriron o camiño ás revolucións que viñeron despois. -
As Guerras Balcánicas pasaron en 1912 e 1913. Foron conflitos entre países da zona dos Balcáns para conseguir territorio que pertencera ao Imperio Otomán. Na primeira guerra, varios países atacaron aos turcos e conseguiron moitas terras. Na segunda, os antigos aliados pelexaron entre eles por esas terras. Estas guerras fixeron que a rexión quedase moi tensa e foron unha das causas da Primeira Guerra Mundial. -
A Primeira Guerra Mundial (1914-1918) inicioúse tras o asasinato do arquiduque Francisco Fernando, nun contexto de nacionalismos, alianzas ríxidas e carreira armamentística. Enfrontáronse a Triple Entente e as Potencias Centrais. A guerra de trincheiras fixo o conflito longo e extremadamente mortal. O uso de novas armas, como gas e artillaría pesada, provocou enorme destrución. Rematou co armisticio de 1918 e o Tratado de Versalles, que reorganizou Europa. -
A Revolución de Outubro de 1917 en Rusia pasou cando os bolxeviques, guiados por Lenin, decidiron tomar o control porque o goberno provisional non arranxaba a fame nin a guerra. Entraron en lugares chave de Petrogrado e fixeron caer o goberno. Así comezou un novo poder que quería cambiar o país por completo. -
A Revolución de Febreiro de 1917 en Rusia foi cando moita xente, cansa da fame e da guerra, saíu ás rúas para protestar contra o tsar Nicolás II. As fábricas estaban mal, os prezos subían e a xente estaba farta. As protestas medraron tanto que o tsar tivo que deixar o poder. Despois formouse un goberno provisional, pero o país seguía inestable e iso levaría a máis cambios ese mesmo ano. -
O Tratado de Brest-Litovsk (1918) foi o acordo polo que Rusia, tras a Revolución Bolxevique, saíu da Primeira Guerra Mundial. Asinado coas Potencias Centrais, obrigou Rusia a ceder amplos territorios, como Finlandia, Polonia, Ucraína e os Estados Bálticos, e a perder recursos agrícolas e industriais clave. Permitíu aos bolxeviques consolidar o poder internamente, pero supuxo unha paz moi dura e temporal, anulada despois da derrota alemá en 1918. -
O Tratado de Versalles (1919) puxo fin oficial á Primeira Guerra Mundial. Impuxo duras condicións a Alemaña: perda de territorios, desmilitarización, limitación do exército e o pagamento de elevadas reparacións. Creou tamén a Sociedade de Nacións para manter a paz. A severidade das cláusulas provocou resentimento en Alemaña e inestabilidade económica e política, factores que contribuiron ao auxe do nazismo e ao camiño cara á Segunda Guerra Mundial. -
A Sociedade de Nacións naceu despois da Primeira Guerra Mundial para intentar que non houbese máis guerras. A idea era que os países falasen entre si e resolvesen problemas sen pelexar. Tamén quería mellorar a vida da xente e apoiar os países máis débiles. Pero non tiña moita forza porque algúns países importantes non participaron ou marcharon, e ao final non puido evitar outra guerra. -
"Anschluss" é unha palabra alemá que significa conexión ou unión e este feito coñécese así porque do 11 ao 13 de marzo de 1938, a alemaña nazi anexouse á Austria próxima (Osterreich). Tropas da Wehrmacht invadiron o Estado Federal de Austria sen atopar resistencia e este converteuse nunha provincia do Reich alemán, chamada Ostmark. -
A Segunda Guerra Mundial foi unha guerra moi grande que pasou entre 1939 e 1945. Empezou cando Alemaña invadiu Polonia. Enfrontáronse dous bandos: os Aliados (como Reino Unido, Estados Unidos e a URSS) e o Eixe (Alemaña, Italia e Xapón). Houbo moita destrución e millóns de mortes. Rematou cando Alemaña e Xapón se renderon. -
Un acontecemento pouco coñecido da Segunda Guerra Mundial foi a Guerra de Inverno (1939-1940). A Unión Soviética atacou Finlandia porque quería máis territorio. Aínda que Finlandia era moito máis pequena, resistiu moi ben usando o frío e o coñecemento do terreo ao seu favor. Ao final perdeu algo de territorio, pero sorprendeu ao mundo pola súa resistencia. -
A Operación Barbarroxa foi o ataque de Alemaña á Unión Soviética en 1941, durante a Segunda Guerra Mundial. Hitler rompeu o pacto que tiña coa URSS e invadiu por sorpresa. Ao principio os alemáns avanzaron moito, pero o inverno e a resistencia soviética fixeron que fracasase. Foi un momento clave da guerra. -
O ataque a Pearl Harbor pasou o 7 de decembro de 1941. Xapón atacou por sorpresa unha base naval dos Estados Unidos en Hawai. Destruíron barcos e avións e morreron moitas persoas. Ao día seguinte, Estados Unidos entrou na Segunda Guerra Mundial. Foi un momento moi importante do conflito. -
O desembarco de Normandía foi o 6 de xuño de 1944, tamén chamado Día D. Os Aliados (Estados Unidos, Reino Unido e outros países) chegaron ás praias de Francia para loitar contra os alemáns. Foi unha operación moi grande e perigosa, con moitas baixas. Grazas a isto comezou a liberación de Europa occidental do control nazi. -
A Conferencia de Potsdam foi unha reunión que se fixo en 1945, ao final da Segunda Guerra Mundial. Xuntáronse os líderes de Estados Unidos, Reino Unido e a Unión Soviética para decidir que facer con Alemaña despois da súa derrota. Falaron de dividir o país, cambiar o seu goberno e evitar que volvese empezar outra guerra. Tamén trataron temas de Europa e de Xapón. -
O bombardeo atómico foi cando Estados Unidos lanzou dúas bombas atómicas sobre Xapón en 1945, nas cidades de Hiroshima e Nagasaki. Foi case ao final da Segunda Guerra Mundial. As explosións foron moi destrutivas e morreron moitísimas persoas. Pouco despois, Xapón rendeuse e a guerra terminou. -
A ONU creouse en 1945, despois da Segunda Guerra Mundial. A idea era evitar máis guerras tan grandes e que os países falasen para resolver problemas en vez de loitar. Moitos países uníronse para traballar xuntos pola paz, os dereitos humanos e a axuda entre nacións. A súa sede principal está en Nova York.