-
Nacemento de Goya
Francisco de Goya naceu o 30 de marzo de 1746 en Fuendetodos, Aragón. Alí pasou os primeiros anos da súa vida e pintou as súas primeiras obras. -
Period: to
Pintor de cartón para tapices
Goya marchou a Madrid e comenzou a pintar cartóns para tapices na Real Fábrica de Tapices durante o reinado de Carlos IV. -
Publicación dos Caprichos
Os Caprichos foron unha serie de 80 gravados (preparados entre 1796–1798) que representaban unha sátira da sociedade española de finales do século XVIII. -
Retrato A Familia de Carlos IV
En 1800, Goya chegou a ser pintor da Corte, onde retratou a varios membros da nobreza española do momento. Sen embargo, un dos seus cadros máis importantes é A Familia de Carlos IV, onde retrata a toda a familia real. -
Period: to
Guerra da Independencia
Entre 1808–1814, os españois coa axuda dos ingleses e os portugueses, loitaron contra os exércitos de Napoleón, que deixou como rei en España ao seu irmán José Bonaparte. -
Period: to
Restauración Absolutista de Fernando VII (primeiro período)
Coa derrota de Napoleón, Fernando VII volveu a España, onde tentará gobernar como un rei absolutista, eliminando a Constitución. -
I Constitución Española
Os liberais españois aproveitaron a guerra que estaba ocorrendo en España para pasar á primeira Constitución Española. -
Os fusilamentos do 3 de maio
A ocupación francesa de 1808 inspirou a Goya a pintar dúas obras importantes: O 2 de Maio e o 3 de Maio. Ademais diso, fixo a serie de gravados "Os Desastres da Guerra". -
A Carga dos Mamelucos
A Carga dos Mamelucos, ou tamén chamado O 2 de Maio de 1808 en Madrid, foi outra das obras de Goya inspirada pola ocupación francesa de 1808. Volveuse un dos seus cadros máis célebres. -
Period: to
Pinturas Negras
Goya quedou xordo grazas a unha enfermidade e en 1819 compro unha casa ("A Quinta do Xordo"), onde pintou a serie de cadros "Pinturas Negras" -
Period: to
Trienio Liberal
O Trienio Liberal foi un período da historia de España marcado principalmente pola breve restauración da Constitución e polo goberno liberal. -
Entrada dos Cen mil fillos de San Luís
Os Cen mil fillos de San Luís foron un exército francés que tiña como obxectivo acabar cos liberais e restaurar o absolutismo. -
Period: to
Restauración Absoolutista de Fernando VII (segundo período)
A pesar de que ao inicio o rei Fernando VII foi obrigado a seguir a Constitución, este no 1823 decidiu que coa axuda do exército "Cen mil fillos de San Luís" iba a perseguir aos liberais e restaurar o absolutismo. -
Period: to
Exilio en Burdeos
Por todo o que estaba pasando en España, Goya tivo que exiliarse en Francia, temeroso e decepcionado da política de Fernando VII. Alí pintou a súa última obra, "A leiteira de Burdeos". -
Morte de Goya
Despois de pasar algo de tempo en Francia, Goya morre con 82 anos ás 2 da mañá. Non se ten claro que causou a súa morte, pero teorizase que foi por enfermidade.