-
Nació en Fuendetodos (Zaragoza) el 30 de marzo de 1746 y falleció en Burdeos, Francia, el 16 de abril de 1828
-
Nos seus inicios en Madrid, Goya deseñaba escenas populares e alegres que logo se usaban para fabricar tapices no Palacio Real. Son obras de cores vivas e temas campesiños ou cortesáns.
-
Serie de gravados satíricos que critican a sociedade española da época: a superstición, a Igrexa, a nobreza, etc. A obra máis famosa é "O soño da razón produce monstros".
-
Un retrato real moi famoso. A pesar de parecer oficial e solemne, moitos pensan que Goya pintou con certa ironía, mostrando os defectos da familia real.
-
Comeza cando Napoleón invade España e pon ao seu irmán Xosé Bonaparte no trono. O pobo español resístese, e comeza unha guerra brutal. Durante esta época, Goya ve o horror da guerra e inspírase para as súas obras máis crueis.
-
Redactada polas Cortes de Cádiz durante a Guerra da Independencia. Era unha constitución liberal, que recoñecía dereitos e limitaba o poder do rei.
-
Mostra a brutal execución de patriotas españois polos franceses. Goya utiliza luz e dramatismo para destacar a barbarie dos opresores e o sufrimento das vítimas.
-
Pintura que representa a revolta do pobo madrileño contra as tropas napoleónicas o 2 de maio de 1808. É unha denuncia da violencia da guerra.
-
Cando remata a guerra, Fernando VII recupera o trono e elimina a Constitución de 1812, volvendo ao absolutismo.
-
Creadas nos muros da súa casa, a Quinta do Sordo. Son obras escuras, pesimistas e expresivas, cheas de figuras monstruosas e temas como a loucura, o medo e a morte. Reflicten a súa visión sombría do mundo.
-
Un golpe militar obriga a Fernando VII a aceptar a Constitución de 1812. Durante 3 anos hai liberdade e reformas, pero todo remata en 1823 coa chegada dos franceses enviados pola Santa Alianza.
-
Tras o Trienio Liberal, os "Cen mil fillos de San Luís" restauran o poder absoluto de Fernando VII.
-
Un exército francés entra en España co apoio das potencias europeas absolutistas para devolverlle o poder absoluto a Fernando VII, rematando así co Trienio Liberal.
-
Fuxiu a Francia escapando da represión absolutista. Alí segue pintando e experimentando, por exemplo coa litografía. A súa obra neste período é máis íntima e libre.