-
Francisco de Goya naceu en Fuendetodos, Aragón, en 1746
-
Marchou para Madrid e comezou pintando cartóns para tapices na Real Fábrica de Tapices durante o reinado de Carlos IV.
-
"Os caprichos" é unha serie de 80 gravados do pintor español Francisco de Goya, que representa unha sátira da sociedade española de finais do século XVIII, especialmente da nobreza e do clero.
-
A familia de Carlos IV é un retrato de grupo pintado en 1800 por Francisco de Goya. Consérvase no Museo do Prado de Madrid.
-
A ocupación francesa en 1808 inspiroulle dúas grandes obras (O 2 de Maio e O 3 de Maio) e a serie de gravados “Os Desastres da Guerra”.
-
Os españois, coa axuda de ingleses e portugueses, loitaron contra os exércitos de Napoleón, que deixara como rei de España ao seu irmán José Bonaparte
-
En 1814, coa derrota de Napoleón, volve a España Fernando VII, que tentará gobernar como un rei absolutista, eliminando a Constitución de 1812.
-
A carga dos mamelucos é, xunto con O tres de maio, un dos cadros máis famosos de Francisco de Goya y Lucientes, un pintor español. A pintura representa a carga dos mamelucos durante o levantamento do 2 de maio en Madrid.
-
A constitución española foi o 19 de marzo de 1812.
-
Tras la derrota de Napoleón, comenzó en Europa la Restauración. En 1814, Fernando VII regresó a España, anuló la Constitución de Cádiz, disolvió las Cortes y restauró el absolutismo. Esto dio inicio a una fuerte represión contra los liberales, muchos de los cuales tuvieron que exiliarse.
-
Os Cen Mil Fillos de San Luís foron un continxente do exército do Reino de Francia que invadiu España en 1823 para poñer fin ao réxime constitucional establecido tras o triunfo da Revolución Española de 1820. O seu obxectivo principal era "liberar" o rei Fernando VII do "cativerio" ao que supostamente estaba sometido polos liberais.
-
Despois dunha enfermidade, Goya quedou xordo e en 1819 comprou unha casa, “A Quinta do Xordo”, onde pintou as expresionistas Pinturas Negras.
-
Entre 1820 e 1823 os liberais forzaron ao rei a gobernar España seguindo a Constitución. Pero en 1823 Fernando VII, coa axuda dun exército francés, restaurou o absolutismo e perseguiu aos liberais.
-
Goya decidiu exiliarse en Bordeos, decepcionado e temeroso das políticas absolutistas de Fernando VII.