Vacunas contra la covid 19 el top ten mundial de las candidatas mas avanzadas

A VACINOLOXÍA

By InmaUSC
  • Primeira vacinación de Jenner

    Primeira vacinación de Jenner

    Edward Jenner inocula cowpox de Sarah Nelmes ao neno James Phipps en Berkeley (Inglaterra), evitando que colla varíola.
  • Publicación de Jenner

    Publicación de Jenner

    Jenner publica "An Inquiry into the Causes and Effects of the Variolae Vaccinae", consolidando a vacinación.
  • Isabel Zendal (de Ordes) parte na Real Expedición Filantrópica da Vacina

    Isabel Zendal (de Ordes) parte na Real Expedición Filantrópica da Vacina

    Isabel Zendal (de Ordes) converteuse na primeira enfermeira en misión humanitaria internacional da historia ao acompañar a Balmis e aos 22 nenos que levaban o virus vaccinia vivo cara América e Filipinas.
  • Period: to

    Real Expedición Filantrópica da Vacina

    A coroa española envía unha expedición (Balmis e Salvany) para levar a vacina de Jenner a América e Filipinas usando nenos como “portadores vivos” do virus.
  • Prohibición da variolación en Inglaterra

    Prohibición da variolación en Inglaterra

    A variolación queda prohibida por ser perigosa; recoméndase a vacinación con cowpox como método seguro.
  • Vacina de Pasteur contra o cólera das galiñas

    Vacina de Pasteur contra o cólera das galiñas

    Louis Pasteur obtén unha cepa atenuada da bacteria e demostra a protección en aves, inaugurando as vacinas vivas atenuadas de laboratorio.
  • Vacina contra o ántraxe de Pasteur

    Vacina contra o ántraxe de Pasteur

    Pasteur presenta a vacina contra o ántraxe nun experimento público en Francia.
  • Vacina contra a raiva de Pasteur

    Vacina contra a raiva de Pasteur

    Pasteur e Roux administran a primeira vacina contra a raiva ao neno Joseph Meister en París, salvándolle a vida.
  • Fundación do Instituto Pasteur

    Fundación do Instituto Pasteur

    O Instituto Pasteur (París) fúndase para investigar enfermidades infecciosas e desenvolver vacinas e tratamentos, seguindo o legado de Louis Pasteur.
  • Soro antitetánico

    Soro antitetánico

    Emil von Behring desenvolve o soro antitetánico (e logo antidiftérico), base de terapias de anticorpos.
  • Vacina contra a febre tifoidea

    Vacina contra a febre tifoidea

    Almroth Wright e colaboradores crean unha vacina contra o tifus intestinal, usada en militares e civís.
  • Vacina BCG

    Vacina BCG

    Calmette e Guérin introducen a vacina BCG contra a tuberculose no Instituto Pasteur de París.
  • Toxóide diftérico

    Toxóide diftérico

    Gaston Ramon desenrolou a primeira vacina baseada en toxina inactivada contra a difteria.
  • Vacina contra a febre amarela

    Vacina contra a febre amarela

    Max Theiler crea a vacina viva atenuada 17D contra a febre amarela.
  • Primeira vacina contra a gripe

    Primeira vacina contra a gripe

    Os EE.UU. aproban unha vacina inactivada contra a gripe, inicialmente para militares, desenrolada por Thomas Francis Jr. e Jonas Salk.
  • Vacina inactivada contra a polio de Salk

    Vacina inactivada contra a polio de Salk

    Jonas Salk presenta a vacina inactivada para a poliomielite, que reduce moito os casos graves.
  • Vacina oral contra a polio de Sabin

    Vacina oral contra a polio de Sabin

    Albert Sabin desenvolve a vacina oral viva, fundamental nas campañas de erradicación da polio.
  • Period: to

    Vacinas contra sarampelo, paperas e rubéola, e triple vírica

    Desenrólanse as vacinas contra o sarampelo (1963, John Enders), as paperas (1967, Maurice Hilleman) e a rubéola (1969, Maurice Hillem), que no ano 1971, se xuntarán na triple vírica (MMR), vacina fundamental na pediatría.
  • Programa global de erradicación da varíola

    Programa global de erradicación da varíola

    A OMS inicia o programa global de erradicación da varíola, un programa intensivo baseado en vacinación masiva e vixilancia activa.
  • Vacina triple vírica (MMR)

    Vacina triple vírica (MMR)

    Maurice Hilleman combina nunha soa dose as vacinas contra sarampelo (1963, John Enders), paperas (1967) e rubéola (1969), estas dúas últimas desenroladas por él mesmo, converténdose nun dos maiores avances da pediatría moderna.
  • Programa Ampliado de Inmunización

    Programa Ampliado de Inmunización

    Programa Ampliado de Inmunización