-
-Crise económica.
-Redución dos salarios.
-Represión policial.
-Derrota na guerra contra os xaponeses.
-Descontento que fixo aumentar as folgas e as protestas.
-En San Petersburgo, o 9 de xaneiro, unha manifestación pacífica dirixiuse cara o palacio de inverno para presentar o tsar unha serie de peticións sociais, laboriais e políticas. A manifestación, por orde do tsar, foi duramente reprimida polo exército causando un elevado número de mortos. foi o domingo sanguento ou vermello. -
A Revolución rusa de 1905 foi unha onda de axitación política de masas ao longo de grandes zonas do Imperio ruso ocorrida ao longo do ano 1905. Déronse casos de terrorismo, folgas de traballadores, disturbios campesiños e motíns militares, tendo todos en común unha insatisfacción popular xeneralizada cara ao réxime do tsar Nicolás II de Rusia. A revolución conduciu ao establecemento dunha monarquía constitucional limitada e á Duma Imperial.
-
Isto tivo fatais consecuencias para o réxime tsarista. Motivos:
-A inferioridade do armamento do exercito ruso e a incapacidade dos seus mandos fixeron que as derrotas se sucedesen unha tras outra.
-As perdas foron moi cuantiosas, tanto humanas -millóns de mortos e feridos- como territoriais, polo que o malestar contra o sistema tsarista creceu -
Os decretos de outubro de 1917:
decreto sobre a terra
decreto sobre o control obreiro
decreto de nacionalización da banca
retirada da Primeira Guerra Mundial
fundación do Estado soviético ruso -
Tras a toma do poder, Lenin e o Goberno bolxevique modificaron completamente as
estruturas políticas e económicas de Rusia, creando un novo réxime: o Estado socialista
soviético.
Seguindo as propostas esbozadas nas Teses de abril, Lenin executou diversas medidas coas
que intentaba consolidar a revolución bolxevique. -
A Revolución de Febreiro de 1917 no Imperio ruso marcou a primeira etapa da Revolución rusa de 1917. Causou a abdicación do tsar Nicolás II, puxo fin á monarquía rusa e levou á formación dun Goberno provisional. Esta revolución naceu como reacción á política realizada polo tsar, a súa negación para outorgar reformas políticas liberalizadoras e á participación de Rusia na Primeira Guerra Mundial, que inflixira grandes penurias á poboación.
-
As medidas tomadas polos bolxeviques acrecentaron o número de opositores ao novo réxime.
O conxunto de forzas da oposición –desde os menxeviques aos tsaristas– organizaron o
Exército Branco contra os bolxevique, iniciándose a guerra civil en 1918. Este exército contou
co apoio militar e financeiro de Inglaterra, Francia, EE UU e Xapón.
A organización por Trotski dun exército revolucionario fortemente disciplinado –o Exército
Vermello– permitiu ao Goberno bolxevique lograr a vitoria en 1921. -
En 1919 fundouse en Moscova a Terceira Internacional ou Internacional Comunista –
Komintern–. O seu obxectivo fundamental era o derrocamento definitivo do capitalismo no
mundo e estender a revolución comunista polo resto do mundo. Durante a celebración do seu
II Congreso, en 1920, establecéronse as 21 condicións esixibles para o ingreso na mesma de
partidos ou asociacións obreiras.
Desde ese momento o socialismo mundial dividiuse en: partidos socialistas e partidos comunistas. -
En decembro de 1922 as repúblicas soviéticas de Rusia, Bielorrusia, Ucraína e de Transcaucasia
(formada por Armenia, Xeorxia e Acerbaixán) uníronse formando a Unión de Repúblicas
Socialistas Soviéticas (URSS). -
En 1922, Stalin foi nomeado secretario xeral do Comité central do Partido Comunista. A
enfermidade de Lenin propiciou a aparición de rivalidades no seo do partido comunista para
decidir quen debía sucederlle na dirección da URSS.
Stalin foi eliminando a todos os seus adversarios (por exemplo, Trotski é expulsado da URSS en
1929) e concentrando todo o poder nas súas mans. Desde 1927 dirixiu ditatorialmente a URSS
ata a súa morte en 1953