-
-
No ano 409 os alanos, suevos e vándalos adéntranse en Hispania sen atopar resistencia.
-
O império romano autorizou aos visigodos a asentarse na Galia e controlar os territórios de Hispania, neste tempo expulsaron aos alanos, aos vándalos e confinaron aos suevos en Galicia.
-
-
O imperio romano desapareceu no ano 476 e os visigodos alcanzaron a súa independencia.
O Rei Eurico que subiu ao trono tras asasinar ao seu irmán Teodorico ll apoderouse de diversos territorios nas Galias e en Hispania agás Gallaecia e as tribus vasconas. -
Despois da batalla de Vouillé onde Alarico ll foi derrotado polos francos comezou un período de influenza ostrogoda sobre o reino Visigodo ata que o rei Teudis se revelou contra o poder ostrogodo.
-
A vitoria dos Francos sobre os Visigodos na batalla de Vouillé en 507 con Clodoveo I, provocou a caída do reino Visigodo de Tolosa, os visigodos trasladáronse coa súa poboación a Hispania e o traslado da capital visigoda de Tolosa ata Toledo.
Cando o último Rei Rodrigo sube ao trono, os seus rivais, os partidarios de Witiza alíanse co líder musulmán Táriq Ibn Ziyad, quen tras a súa vitoria na batalla de Guadalete inicia a invasión da península ibérica. -
Os musulmáns conquistan a septimania, última provincia visigoda, poñendo fin ao reino visigodo de Hispania.