A idade contemporánea

By Saúlcb
  • A REVOLUCIÓN FRANCESA

    A REVOLUCIÓN FRANCESA
    Foi un conflito social e político con diversos períodos de violencia que convulsionou Francia, e por extensión das súas implicacións, a outras nacións Europeas que enfrontaban a partidarios e opositores do sistema coñecido como Antigo Réxime, causando o fin de este.
  • Period: to

    GUERRAS NAPOLEÓNICAS

    As Guerras Napoleónicas foron una serie de conflitos militares que tiveron lugar entre Francia, liderada por Napoleón Bonaparte, e diversas coalicións de potencias europeas, Estes conflitos, que se prolongaron por mais de dúas décadas, tiveron un profundo impacto na política e a sociedade europea
  • REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

    REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
    Período onde xurdiron a maioría das transformacións económicas, tecnolóxicas e sociais da humanidade, pasando dunha economía rural baseada principalmente na agricultura e o comercio a unha economía industrializada e mecanizada.
  • LOCOMOTORA DE VAPOR

    Foi inventada a principios do século XIX polo enxeñeiro Richard Trevithick.
    En 1825, George Stephenson creou a primeira locomotora de vapor que funcionou con éxito para o transporte público.
  • Period: to

    GUERRAS DE INDEPENDENCIA HISPANOAMERICANAS

    Foron una serie de conflitos armados que aconteceron a principios do século XIX, e afectaron a todo o Imperio español e nos cales se enfrontaron o bando a favor de manteren a integridade da Monarquía española, contra o bando a favor da independencia ou secesión de novos estados americanos, que triunfou e foi denominado posteriormente «revolucionario» ou «patriota»
  • PRIMEIRA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

    A primeira constitución española foi a Constitución de Cádiz de 1812, tamén coñecida como "La Pepa". Foi aprobada o 19 de marzo de 1812 durante a Guerra da Independencia Española, en resposta a invasión napoleónica.
  • A DERROTA DE NAPOLEÓN

    O 18 de xuño, o exército francés comandado por Napoleón Bonaparte, foi derrotado por los exércitos británico e de Prusia na Guerra de Waterloo. A derrota acabou coa guerra de 23 anos entre Francia e os estados aliados europeos.
  • O TELEGRAFO

    Inventouse na década de 1830. Os primeiros telégrafos eléctricos foron desenrolados independentemente por Samuel Morse en Estados Unidos en 1837 e por William Fothergill Cooke e Charles Wheatstone en Inglaterra, tamén en 1837
  • REVOLUCIÓN DE 1948

    Na Europa da primeira metade do século XIX, dominada por estados autocráticos ou monarquías dubidosamente parlamentarias, sucederon una serie de revolucións.
    Abandeiraron demandas liberais: sufraxio, igualdade e fin da servidume.
  • TEORÍA DA EVOLUCIÓN

    A teoría de Darwin, tamén coñecida como teoría da evolución por selección natural, explica como as especies cambian co tempo e se adaptan ao seu entorno. Este proceso ocorre a través da selección natural, onde os individuos con características máis favorables para a supervivencia e a reprodución teñen máis probabilidades de transmitir esas características a seguinte xeración
  • Period: to

    MARIE CURIE

    Maria Salomea Skłodowska-Curie,​ mais coñecida como Madame Curie foi unha física e química de orixe polaco. Pioneira no campo da radioactividade, é a primeira e única persoa en recibir dous premios Nobel en distintas especialidades científicas: Física e Química.​ Tamén foi a primeira muller en ocupar o posto de profesora na Universidade de París e a primeira en recibir sepultura con honores no Panteón de París por méritos propios.
  • REVOLUCIÓN GLORIOSA

    Tamén coñecida como a Revolución de Setembro, foi un movemento militar e civil que derrocou a Raiña Isabel II de España e marou o inicio do Sexenio Democrático (1868-1874).
  • ABOLICIÓN DA ESCRAVITUDE

    O 4 de xulio promulgase en España a lei preparatoria ou de abolición gradual da escravitude, coñecida tamén como “Lei de ventres libres” ou “Lei Moret”.
  • GUERRA FRANCO-PRUSIANA

    A Guerra Franco-Prusiana é a etapa final da unificación alemá, lograse a través dun tercer conflito bélico, preparado por Bismarck. Culminou así a política belicista iniciada despois da derrota de Dinamarca.
    Napoleón III que estaba enfermo, y fortemente influído pola súa esposa Euxenia de Montijo eos seus achegados, desenrolou, una perigosa política fronte a crecente forza prusiana. En 1870 foi facilmente arrastrado a una guerra para a que o seu país no estaba preparado.
  • Period: to

    PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL

    Tamén coñecida como a Gran Guerra, foi un conflito bélico global que se desenrolou principalmente en Europa. Foi un punto de inflexión na historia, causando una grande devastación e un profundo impacto no orden político, económico y social do mundo.
  • XENOCIDIO ARMENIO

    O xenocidio desenrolouse baixo o amparo da Primeira Guerra Mundial, acontecemento que as autoridades turcas aproveitaron para intentar crear un Estado homoxéneo composto por turcos musulmáns, polo que exterminaron a armenios, a sirios e gregos. El xenocidio cometido contra os cristiáns otománs tivo un amplo recoñecemento por parte de diversas asociacións académicas, organismos internacionais e Estados.
  • Period: to

    PERÍODO DE ENTREGUERRAS

    A mecanización e as novas formas de enerxía xeraron un auxe produtivo que se traduciu na prosperidade económica dos “anos vinte”. Porén, a década dos "anos trinta" estivo marcada pola Gran Depresión, una gran crise económica que afectou as novas potencias.
  • Period: to

    NELSON MANDELA

    Luchou contra o apartheid e foi condenado a cadea perpetua, no cárcere converteuse en símbolo mundial da resistencia pacífica.
    En 1990 foi liberado e elixido como o primeiro presidente negro de Suráfrica.
  • TRATADO DE VERSALLES

    O Tratado de Versalles foi un acordo de paz firmado en París, Francia, logo da finalización da Primeira Guerra Mundial.
    O 18 de xaneiro de 1919 iniciouse a Conferencia de Paz de París, que reuniu a os 4 países vencedores da guerra: os Estados Unidos, Francia, Gran Bretaña e Italia, representados por Woodrow Wilson, Georges Clemenceau, David Lloyd George y Vittorio Orlando.
    Firmouse o 28 de xuño de 1919 no Salón dos Espellos do Palacio de Versalles.
  • CREACIÓN DA URSS

    Mediante o uso do terror, Lenin consolidou o dominio do Partido Comunista en toda a Rusia zarista e fundou oficialmente, el 30 de decembro, a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS). Nominalmente, era unha federación de distintas repúblicas gobernadas por soviets. Na práctica, a URSS xurdiu como un Estado centralista e totalitario de partido único onde as repúblicas non contaban con ningunha autonomía.
  • A GRAN DEPRESIÓN

    Orixinouse en Estados Unidos a partir da caída da bolsa de valores de Nova York, o martes 29 de outubro (coñecido como crac do 29 ou Martes Negro) e rapidamente se estendeu a case todos os países do mundo.
  • Period: to

    GUERRA CIVIL ESPAÑOLA

    Foi un conflito armado que enfrontou ao bando republicano contra o bando nacionalista, liderado polo xeneral Francisco Franco. Orixinouse tras un golpe de estado militar que buscaba derrocar ao goberno republicano.
    Finalizou o 1 de abril coa vitoria do bando nacionalista e a instauración da ditadura franquista.A guerra deixou un saldo de centos de miles de mortos, un país devastado e unha profunda cicatriz na historia española.
  • Period: to

    SEGUNDA GUERRA MUNDIAL

    Foi un conflito global que involucrou a maioría das nacións do mundo. Considerase o conflito máis grande e destrutivo da historia, cun estimado de 40 a 60 millóns de mortes. Foi desencadeada pola invasión de Polonia por parte de Alemaña e prolongouse coa expansión da guerra a Europa, Asia e o Pacífico.
  • Period: to

    DITADURA DE FRANCO

    A ditadura de Francisco Franco, tamén coñecida como ditadura franquista, foi o período correspondente co exercido polo xeneral Franco da xefatura do Estado desde o fin da guerra civil en 1939 ata a súa morte en 1975.
  • Period: to

    O HOLOCAUSTO

    Foi o xenocidio perpetrado polo réxime nazi durante a Segunda Guerra Mundial contra a poboación xudía europea.
    As matanzas masivas de xudeus comezaron trala invasión alemá da Unión Soviética en 1941 e remataron no 1945 coa derrota alemá na guerra e a liberación dos campos de exterminio por parte de los exércitos aliados.
    Estimase que arredor de seis millóns de xudeus foron asasinados polo réxime nazi.
  • A BOMBA ATÓMICA

    Estados Unidos lanza dúas bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki, en Xapón.
    Culmina así a Segunda Guerra Mundial.
    Os bombardeos atómicos de Hiroshima e Nagasaki foron dous ataques nucleares ordenados por Harry S. Truman, presidente dos Estados Unidos, contra o Imperio del Xapón el 6 y el 9 de agosto.
  • A ONU

    As Nacións Unidas naceron oficialmente o 24 de outubro, despois de que a maioría dos 51 Estados Membros signatarios do documento fundacional da Organización, a Carta de la ONU, a ratificaran.
  • O SPUTNIK 1

    A Unión Soviética lanzou o primeiro satélite artificial da historia que entraba en órbita arredor da Terra. Sería o primeiro dun programa que levou ao espazo a carreira tecnolóxica e militar con Estados Unidos.
    O Sputnik lanzado dende o cosmódromo de Baikonur, centro de operacións do programa espacial da Unión Soviética, na actual Kazajistán, o seu nome completo era Satélite Artificial Terrestre.
  • O HOME NA LÚA

    O primeiro home en pisar a Lúa foi Neil Armstrong, comandante da misión Apolo 11, o 20 de xulio. Pousou no Mar da Tranquilidade co módulo lunar Eagle e pronunciou a súa famosa frase: " Un pequeno paso para o home, un xigantesco salto para a humanidade".
  • REVOLUCIÓN DIXITAL

    Iniciouse coa popularización das computadoras persoais e a expansión das redes dixitais. A partir de aí, a revolución continua coa invención da World Wide Web, a expansión de Internet, o auxe das redes sociais e os teléfonos intelixentes.
  • EXPANSIÓN IMPERIALISTA

    O imperialismo baséase en ideas de superioridade e prácticas que implican estender a autoridade e o control dun estado ou pobo sobre outro. Tamén pode ser unha doutrina política que xustifique o dominio dun pobo ou Estado sobre outros; xeralmente mediante diferentes tipos de colonización ou mediante subordinación cultural (aculturación).
  • A GUERRA FRÍA

    A distensión cara á Unión Soviética, cuxo aspecto bilateral consistiu en lentas negociacións sobre o desarme nuclear, a colaboración no espazo e os incentivos para os intercambios comerciais; incluíron unha iniciativa multilateral: a Conferencia de Helsinki que por unha banda confirmou as fronteiras e esferas de influencia xurdidas de Yalta, pero que co paso do tempo demostrou ser un eficaz solvente interno do bloque soviético, xa que outro dos seus piares foi o respecto aos dereitos humanos.
  • FIN DA GUERRA DE VIETNAM

    Tras dez anos de permanencia e combates, o 29 de marzo, Estados Unidos completou a retirada dos últimos 4.300 soldados norteamericanos que combateron en Vietnam. Aquel día celebrouse en Saigón a cerimonia de retirada da bandeira estadounidense como símbolo do fin da presencia militar americana en Vietnam. Debido a que a participación na guerra revelouse como cruel e interminable.
  • CAIDA DO MURO DE BERLÍN

    A caída do Muro de Berlín ocorreu a noite do 9 ao 10 de novembro, marcando un evento histórico que simboliza o fin da Guerra Fría e a reunificación de Alemaña. Este muro, que dividiu Berlín durante case tres décadas, foi derribado pola presión popular e a apertura de fronteiras entre Austria e Hungría, o que permitiu a cidadáns de Alemaña Oriental escapar cara á Occidente.
  • A GLOBALIZACIÓN

    Trala caída da URSS e do Muro de Berlín, proclamouse a vitoria do capitalismo sobre as súas alternativas.O mundo marchou cara unha economía que no coñecera fronteiras xeográficas, da man da innovación tecnolóxica e científica.
  • Period: to

    O COVID

    A pandemia da COVID-19, conocida tamén como pandemia do coronavirus, e unha pandemia derivada da enfermidade causada polo virus SARS-CoV-2.
    Inicialmente foi chamada «pneumonía de Wuhan», posto que os primeiros casos foron identificados en decembro de 2019 na cidade china de Wuhan.
    A Organización Mundial da Saúde declarouna emerxencia de saúde de importancia internacional dende o 30 de xaneiro do 2020 ata o 5 de maio do 2023, cando a OMS decretou o fin da emerxencia sanitaria
  • APAGÓN EN ESPAÑA

    O corte de luz na península ibérica foi unha interrupción xeneralizada da electricidade que ocorreu as 12:33 horas e afectou principalmente a España, Portugal e Andorra, así como, en menor grao, as zonas do sur de Francia.
    Provocou dificultades severas nas telecomunicacións e no sistema de transporte, e mais moderadas noutros sectores esenciais, creando un corte de electricidade sen precedente.